O 29 de outubro de 1977 o antigo convento de San Domingos de Bonaval, titularidade do Concello de Santiago en virtude da desamortización de 1835 [1] abría tres das súas salas como primeiro xermolo do Museo do Pobo Galego, que vellos e mozos galeguistas impulsaban dende un ano antes coa intención de facer revivir o proxecto museográfico ao que aspirara o antigo Seminario de Estudos Galegos. Este sábado Bonaval vestiuse de festa para celebrar que, corenta anos despois, o Museo segue adiante mantendo intacto o seu modelo independente de preservación da cultura e a identidade galega. Non esquezades visitalo.
No marco das actividades do cadraxésimo aniversario o Museo do Pobo Galego organiza, ata o 3 de novembro, xornadas especiais de portas abertas con aceso libre das 11 da mañá ás oito da tarde nas que as persoas que o desexen poden ser acompañadas por persoal e membros do padroado. Ademais dos eventos organizados no propio recinto o programa do aniversario inclúe tamén acordos con outras entidades como a Asociación PuntoGal, que ofrece unha promoción especial na adquisición do dominio galego [2] en internet.