Skip to Content

Infórmase que está aberto o prazo de solicitude de axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria no vindeiro curso escolar.

PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 21 de xuño.

MODALIDADES:

- Axudas para adquirir Libros de texto: Alumnado de 1º e 2º curso E.P.

- Fondo Solidario de libros de texto: Alumnado de 3º a 6º curso de E.P.

- Axudas para adquirir material escolar: Alumnado de educación primaria de 1º a 6º curso de E.P.

FORMA DE PRESENTACIÓN:

- Preferiblemente por vía electrónica a través da aplicación Fondolibros.

- A través da sede electrónica da Xunta de Galicia

- Presencialmente na conserxería do centro de 10.00 a 12.00h.

 MÁIS INFORMACIÓN:

ORDE DO 10 DE MAIO DE 2024

ANEXOS I E II



Os nenos e nenas de Infantil viñeron cantarnos os maios.

Primeiro pasaron un rato estupendo compartindo a elaboración dos adornos co alumnado de 6º que sempre están encantados/as de axudar aos pequenos. Logo, pasaron polas aulas cantándonos os maios e alegrándonos a mañá ao tempo que se continúa con esta bonita tradición da nosa vila.

 



 

Neste vídeo  "A banda da Loba" fai unha particular homenaxe a Luísa Villalta, 

no que se lle adican as Letras Galegas. Non podiamos nin queriamos obviar a cara

máis reivindicativa da escritora, que formou parte do movemento Nunca Máis

ou escribiu posicionándose do lado do pobo palestino nesta guerra que semella

non ter fin. "E o mar" é unha homenaxe ao seu activismo,ao seu compromiso,

á súa valentía e tamén ao noso pobo, porque non podemos nin queremos esquecer.

 

LETRA DE POESÍA  DE LUÍSA VILALTA

 

Tinta do mar, escrebo, cando toca

as escumas da letra e o seu son

obstinado de baixo contra a roca

da man a producí-lo en percusión

 

Oh, oh, oh...

 

Rítmico, o pensamento, o son leve

cai goteando o tempo

ao muíño teimoso que recebe

a água azul-negra da memória quente.

 

E o mar, e o mar, borra o nome escrito o mar.

 

Oh, oh, oh..



Un ano máis animámosvos a participar no concurso de relatos curtos que organizamos dende a nosa biblioteca escolar e lembrade que está aberto á toda a comunidade.

Cóntanolo!



O VINDEIRO MÉRCORES 3 DE ABRIL NO NOSO CENTRO


        

 



by Dr. Radut