Skip to Content

Achégase o programa do Mes das Letras Galegas do Concello de Muros.

O mércores 15 o alumnado de primaria, iremos ver a obra "Neofalantes" de Luís Vallecillo e o martes 21 o alumnado de Infantil, disfrutará da obra "A galiña Azul".

Un mes cheo de obras para disfrutar das nosas letras !

Pásate pola biblio para coñecer as últimas novidades. Xogos e lecturas novas para todos os gustos e para todas as idades.

O pasado luns 29 de marzo, o alumnado de 4º tivo unha sesión de formación na radio con Sergio Pascual. Disfrutaron coa experiencia e xa están preparados para pasar a acción.

Como ben sabedes durante os recreos  a nosa biblioteca sempre está disposta a recibir os vosos contacontos, monólogos, espectáculos ... non tedes máis que apuntarvos e ensaiar un pouco para recibir o caloroso aplauso do noso público. Hoxe tocoulle a quenda a Uxía e Sara de 6ºA. Un gran aplauso!!!!

 

Hoxe para conmemorar o Día do Libro levamos a cabo un acompañamento lector no patio. Cada un coa súa parella acomodámonos nun recanto do patio  e pasamos un ratiño estupendo lendo en boa compaña.

XOVES 2 DE MAIO ÁS 11.20h

Un ano máis animámosvos a participar no concurso de relatos curtos que organizamos dende a nosa biblioteca escolar e lembrade que está aberto á toda a comunidade.

Cóntanolo!

Hoxe participamos do Día Internacional da Muller por todo o alto!

A primeira hora achegáronse ao colexio representantes da ANPA e do Concello para facer a entrega dos premios  e  repartir as chapas cos debuxos gañadores do Concurso de Chapas do 8M. Noraboa aos gañadores/as!!

Hoxe foi un gran día na nosa biblioteca! Viñeron as chicas do club de lectura do IES Fontexería a recitarnos uns poemas de Rosalía e fixérono de marabilla! Ademais trouxéronnos unha planta moi bonita como agasallo para a nosa biblioteca nova. Moitísimas grazas!!!! Agardamos poder repetir a experiencia en breve.

Deixámosvos aquí un pequeno vídeo resumo do desfile e concurso de murgas deste Entroido 2024. A pesares da chuvia, disfrutámolo ao grande!

 

 

 

     

 

 

 

 



by Dr. Radut