Skip to Content

Continuamos cos xogos nas tardes dos xoves na biblioteca escolar e a cousa vaise animando. Alumnado, familias e mestras divírtense xogando na biblio cada xoves pola tarde. 

O pasado martes 16 de maio, celebramos na nosa escola o Día da Letras Galegas. Nesta ocasión, e logo dos ensaios en días anteriores, bailamos todos/as ao son da muiñeira, grazas  ao acompañamento das gaitas e a percusión de familiares e mestres/as. De seguido, o alumnado de 6º  titorizou os xa tradicionais xogos populares que transcurriron nun ambiente festivo e alegre.

Deste xeito, logo de aprendermos nas aulas da importancia da nosa literatura e coñecer ao autor homenaxeado: Francisco Fernández del Riego, conmemoramos esta data da mellor das maneiras: disfrutando e xogando EN GALEGO.

 

Hoxe, coincidindo co Día da Familia, a nosa ANPA agasallounos cuns obradoiros tecnolóxicos a cargo de Vermislab que aproveitamos e disfrutamos moito. O alumnado de 5º e 6º estivemos aprendendo programación nas aulas de informática e o resto do cole disfrutamos moito coa robótica no ximnasio.

Grazas á nosa ANPA por facilitarnos esta experiencia!

Hoxe, tivemos unha visita moi esperada: Alfonso Blanco. Trátase do autor do libro "A vida na Grecia Clasica" e profesor de latín e grego no IES Fontexería.

Estivemos  lendo o seu libro no club de lectura de 6º e foi tamén un libro de consulta obrigada para o alumnado de 4º, que estivo investigando sobre a Grecia Clásica dentro do PDI deste curso "As civilizacións ao longo da historia".

Contounos como era a vida na Antiga Grecia, de onde veñen moitas palabras que empregamos hoxe en día e moitísimas curiosidades e anécdotas desta civilización de un xeito moi ameno  e divertido.

Foi un placer poder escoitalo e que nos respondera ás nosas preguntas con tanta paciencia e cariño.

Moitas grazas, Alfonso!!

Chegou o bo tempo e apetece estar fóra. As nosas voluntarias encárganse de seleccionar as lecturas cada día e sacalas ao patio para disfrutar das boas historias ao aire libre. Se che apetece pasar un bo rato lendo na natureza, busca polas voluntarias no bosque estarán encantadas de compartir o recreo contigo.

 

Na aula de 6° de infantil, unha compañeira xunto coa súa nai sorprendeunos cunha visita, na que nos ensinaron varios traballos que fixeron sobre Panamá e Venezuela, os seus países de orixe.

Coñecemos a pollera, vestimenta tradicional de Panamá, probamos as arepas...

 

Canto aprendemos da súa cultura!Risa

 

 

O alumnado de 5ºB elaborou nas sesións de Educación artística diferentes xogos de mesa con materiais reciclados. 

Logo visitaron a aula de 1º para compartir un tempo de xogo cos máis pequenos e mesmo agasalláronllos para que teñan un novo recurso na súa aula!

Mirade que ben o pasamos!  Sorriso

Aquí vos deixamos a mostra do ben que o pasamos hoxe nos acompañamentos lectores que levamos a cabo para celebrar o Día do Libro. Preme na imaxe.

3, 2, 1.... A Xogar!!!!

Todos os xoves de maio agardámosvos na biblioteca para botar unhas partidiñas. Xadrez, Dixit, xogos de construcción... todo preparado para pasar bos momentos de diversión na mellor compañía.

Animádevos a pasar tamén polas tardes pola nosa biblio.

 

 

Hoxe o alumnado de 1º e 2º disfrutou moito coa visita do contacontos Benxamín. E na biblio xa estamos preparando os apadriñamentos lectores que tanto nos gustan para celebrar o Día do Libro. Esta biblio non para!

 

 

     

 

 

 

 



by Dr. Radut