Skip to Content

Aquí vos deixamos unhas fotografías da concentración pola paz de hoxe. Como ben dicían María e Simón no manifesto pola paz que nos leron: " os nenos e nenas do mundo temos dereito a vivir en paz". Agardamos que este desexo pronto se faga realidade.

#nonáguerracontraainfancia

 

  

 

"Abride esa fiestra que quero ver o mar" foron as derradeiras palabras de Rosalía ás que nós, neste día da poesía 2022, quixemos homenaxear. En todas as aulas decoramos esas fiestras e fixemos un concurso. Mirade que bonitas quedaron!

Ao mesmo tempo o alumnado voluntario de 5º e 6º pasou polas aulas dos máis pequenos/as a recirtarlles os seus poemas preferidos.

 

 

Non temos máis que ollar ao noso carón para ver que as nosas familias, rueiros ou vilas  están cheos de mulleres marabillosas con vidas extraordinarias. Este ano quixemos adicar o 8M a todas esas mulleres que están entre nós, recoñecelas e valoralas coma verdadeiros referentes cotiás nas nosas vidas. O alumnado coa axuda das familias, elaboraron relatos e descricións realmente significativos e moi emotivos. Podedes botarlle un ollo ao traballo premendo na imaxe.

 

    

Bo día chicos/as!!!

Deixamos aquí o vídeo que fixemos do Entroido. O desfile, o concurso de murgas...Que alegría! Abofé que foi un día ben  emotivo para nós, xa que despois de tanto tempo de restriccións, por fin pudemos xuntarnos todos/as no patio. O tempo acompañou e disfrutámolo coma nunca!!

Preme na imaxe para ver o vídeo.

A pesar do virus e de todos os obstáculos que se nos puxeron por diante, celebramos a Semana da Convivencia un ano máis.

Preme na imaxe para ver o vídeo  Guiño

 

 

 

Aínda que nos pilla no medio do Entroido, non podemos deixar pasar o Día de Rosalía.

Coma todos os anos, lembrarémola e celebrarémola como a nosa poetisa se merece.

Clica na imaxe e accederás a un interesante recurso sobre a autora elaborado polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega.

Aquí están os MANDADOS DO FACUNDO mariñeiro deste ano.

Este luns arranca oficialmente o Entroido no Ramón de Artaza agardamos disfrutalo intensamente.

Chega o entroido e con el, un ano máis, o agardado CONCURSO DE MURGAS.

No cole todo é un balbordo coa preparación dos disfraces e as murgas. O Facundo xa está preparando os mandados e todos/as estamos desexando que chegue xa o gran día e a diversión.

Aquí quedan as bases do concurso así que.... a darlle ao caletre!!!

 

 

     

 

 

 

 



by Dr. Radut