Skip to Content

 

Ábrese o prazo para adxuntar a documentación relativa ao servizo de Comedor para o curso 2020-2021

Estimadas familias:

 

Agardando ás instrucións da Secretaría Xeral Técnica sobre o funcionamento dos comedores escolares no curso 2021-2022. As familias do alumnado usuario deste servizo, deberán cubrir o anexo II (Modelo de Autodeclaración) descargándoo dende este enlace  ou recolléndoo no centro. Nel figurarán os datos relativos á súa renda (2020), especificando no apartado A) do modelo a cifra do importe que corresponda, no apartado B) os membros da unidade familiar, no apartado C) a renda neta per cápita, e no apartado D) deberán marcar a casilla que corresponda.

 

Para facilitar o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar, a propia Consellería incorporou na súa web unha calculadora á que se pode acceder neste enlacehttps://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp

 

Lembren que o servizo será gratuíto para os usuarios lexítimos nos seguintes casos:

1).-Alumnado pertencentes a unidades familiares en situación socioeconómica de exclusión social certificada polos servizos sociais autonómicos ou municipais.

2).-Alumnado en situación de acollemento residencial ou familiar.

3).-Alumnado cun grao de discapacidade declarado igual ou superior ó 33%.

4).-Alumnado pertencentes a unidades familiares vítimas de terrorismo ou violencia de xénero acreditada documentalmente.

5).-Alumnos pertencentes a unidades familiares cunha renda familiar anual neta per cápita igual ou inferior a 7.000,00€.

 

O anexo II e a documentación aportada (de ser o caso), serán entregados na Secretaría do centro antes do día 31 de xuño de 2020.

 

Para recoller o impreso non se necesita cita previa, bastará con retiralo dunha mesa que estará habilitada na entrada do centro por secretaría, en horario de 10.00 a 13.00 h.

En todo momento deberán cumprirse as normas de seguridade, autoprotección e distanciamento social. Preferentemente asistirá unha soa persoa (sen acompañantes).



page | by Dr. Radut