Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

Documentación

Ábrese o prazo para adxuntar a documentación relativa ao servizo de Comedor para o curso 2020-2021

Estimadas familias:

 

Informamos que xa están publicadas as instrucións da Secretaría Xeral Técnica sobre o funcionamento dos comedores escolares no curso 2020-2021. As familias do alumnado usuario deste servizo, deberán cubrir o anexo II (Modelo de Autodeclaración) descargándoo dende este enlace  ou recolléndoo no centro. Nel figurarán os datos relativos á súa renda (2019), especificando no apartado A) do modelo a cifra do importe que corresponda, no apartado B) os membros da unidade familiar, no apartado C) a renda neta per cápita, e no apartado D) deberán marcar a casilla que corresponda.

 

Para facilitar o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar, a propia Consellería incorporou na súa web unha calculadora á que se pode acceder neste enlacehttps://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp

 

Lembren que o servizo será gratuíto para os usuarios lexítimos nos seguintes casos:

1).-Alumnado pertencentes a unidades familiares en situación socioeconómica de exclusión social certificada polos servizos sociais autonómicos ou municipais.

2).-Alumnado en situación de acollemento residencial ou familiar.

3).-Alumnado cun grao de discapacidade declarado igual ou superior ó 33%.

4).-Alumnado pertencentes a unidades familiares vítimas de terrorismo ou violencia de xénero acreditada documentalmente.

5).-Alumnos pertencentes a unidades familiares cunha renda familiar anual neta per cápita igual ou inferior a 7.000,00€.

 

O anexo II e a documentación aportada (de ser o caso), serán entregados na Secretaría do centro antes do día 15 de xullo de 2020.

 

Para recoller o impreso non se necesita cita previa, bastará con retiralo dunha mesa que estará habilitada na entrada do centro por secretaría, en horario de 10.00 a 13.00 h.

En todo momento deberán cumprirse as normas de seguridade, autoprotección e distanciamento social. Preferentemente asistirá unha soa persoa (sen acompañantes).

Resolución provisional de usuarios de comedor escolar para o curso 2019/2020

Bos dias.
 
Adxunto a listaxe provisional de admitidos para o comedor escolar para o curso 2019/2020.
Como aconteceu o curso anterior, unha vez saia a definitiva, no mes de setembro, se solicitará un aumento de prazas para poder cubrir todas as solicitudes.

Ábrese o prazo para a presentación da documentación para o comedor escolar 2019/20

Bos días.
Ata o venres día 12 de xullo, está aberto o prazo de presentación da documentación para o comedor escolar do vindeiro curso, 2019/20. Todas as persoas solicitantes deberán entregar a seguinte documentación, dependendo da situación na que se atopen.
  • Modelo de autodeclaración, que se adxunta.
  • Certificado de empresa, como que non pode recoller ao alumnado no horario que coincide coa saída do comedor, de ser o caso. 
  • Certificado de familia numerosa, de ser o caso.
  • Certificado de asistencia por parte dos servizos sociais do Concello de Cambados, de ser o caso.
  • Modelo de inclusión no grupo de Whatsapp.
  • Modelo de asistencia ao comedor.
  • Modelo de persoas autorizadas a recoller ao alumnado.

Entrega de documentación para io baremo de prazas de comedor para o curso 2018/19.

Bos días.
Ata o venres día 6 de xullo, está aberto o prazo de presentación da documentación para o comedor escolar do vindeiro curso, 2018/19. Todas as persoas solicitantes deberán entregar a seguinte documentación, dependendo da situación na que se atopen.
  • Modelo de autodeclaración, que se adxunta.
  • Certificado de empresa, como que non pode recoller ao alumnado no horario que coincide coa saída do comedor, de ser o caso. 
  • Certificado de familia numerosa, de ser o caso.
  • Certificado de asistencia por parte dos servizos sociais do Concello de Cambados, de ser o caso.
Un saúdo.
Distribuir contido


by Dr. Radut