Skip to Content

blogue deadmin

Entrega de vales para a adquisición de libros de texto e material escolar.

A partir do martes 5 de xullo, os interesados poderán pasarse polo centro para recoller os vales, tanto de axudas de libros e material escolar para o 1º e 2º curso, como para todos os cursos posto que, xunto coa solicitude de fondolibros, realizábase a solicitude de axudas para a adquisición de material escolar de 50 euros.

Listaxe de libros para o curso 2016/17

Entrega de documentación para baremar as solicitudes do comedor escolar para o vindeiro curso 2016/17

A partir do martes 21 de xuño, os interesados poden acercarse pola Secretaría do centro para recoller o Anexo II e o o documento que a continuación se detalla, para poder realizar a baremación do alumnado que será usuario de comedor escolar para o vindeiro curso 2016/17

 

Iníciase o proceso de MATRÍCULA para o curso 2023/24

Celebramos os Maios!

 

Xa chegou o Maio!

Durante a segunda metade da xornada de hoxe, o alumnado participante na actividade, realizou o fermoso maio que encabeza esta nova, e no que grandes e pequenos desfrutaron facendo colares de pampullos, elaborando os ramos e sobre todo, cantándolle alegremente aos maios.

Desexamos agradecer a todas as familias, e ao alumnado en xeral, que trouxese tantos pampullos, xestas, ovos, e demais material, tal e como se lle solicitou.

Agora so agardamos que o vindeiro domingo, ademais de festexar o día da Nai e o día do traballador, pasen un día xenial coa celebración da festa dos maios.

 

Hoxe visitounos Anxo Moure.

 

O coñecido contacontos e escritor, Anxo Moure, estivo no centro para contarlle contiños e fermosas historias aos alumnos e alumnas mais novos do centro. Primeiro estivo cos alumnos e alumnas de terceiro e finalmente cos de primeiro e segundo.

Visita de Antón Cortizas ao Magariños.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Celebración do Día Mundial do Autismo

No Colexio Antonio Magariños Pastoriza celebramos, un ano mais, o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, tratando de ensinar e concienciar ao resto da Comunidade Educativa das necesidades e dereitos que as persoas que diariamente deben vivir con el e asegurando, na medida do posible, a plena participación e inclusión na sociedade, para que poidan contribuir a crear un futuro que garante a dignidade e as oportunidades para todos

Obradoiro de Bebidas saudables.

O pasado mércores o alumnado de 5º curso de Educación Primaria, puido disfrutar do obradoiro que, como en anos anteriores, se realiza no centro. E un achegamento do alumnado ao mundo da saúde e das bebidas sudables realizadas con froita fresca e produtos sans e agardando o afastamento deste das bebidas alcohólicas, tan presentes na nosa sociedade.

Polo observado, tanto o alumnado participante como o profesorado e os monitores da Asociación SPAD desfrutaron dunha sesión que durou dúas horas pero que coma sempre merece a pena!

Distribuir contido


by Dr. Radut