Skip to Content
Iniciar sesión: Acceso

Obradoiro de Bebidas saudables.

O pasado mércores o alumnado de 5º curso de Educación Primaria, puido disfrutar do obradoiro que, como en anos anteriores, se realiza no centro. E un achegamento do alumnado ao mundo da saúde e das bebidas sudables realizadas con froita fresca e produtos sans e agardando o afastamento deste das bebidas alcohólicas, tan presentes na nosa sociedade.

Polo observado, tanto o alumnado participante como o profesorado e os monitores da Asociación SPAD desfrutaron dunha sesión que durou dúas horas pero que coma sempre merece a pena!

Dende o centro, debemos agradecer en todo momento a colaboración desta asociación que de xeito desinteresado, sempre se ofrece a impartir estas actividades para acadar unha educación integra e saudable do noso alumnado.



blog | by Dr. Radut