Skip to Content

blogue deadmin

Convocatoria de becas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo

Poden descargar o seguinte impreso de solicitude e entregalo no centro unha vez cumprimentado. 

Reciclaxe

Os turnos de "Asesores de Reciclaxe" na vindeira semana son os seguintes:

Patio dos Pequenos

Luns: Anxos e Demos

Martes: Nobres

Mércores: Comecocos

Xoves: 6ºB

Venres: Flame 

Patio dos Maiores

Martes: Flame

Xoves: Comecocos

Venres: Anxos e Demos

Visita do Xefe Territorial de Educación

Este martes, día 11 de maio, estivo no centro o Xefe Territorial de Educación acompañado do Alcalde de Cambados, o Arquitecto do Concello e a directiva da ANPA. Logo de percorrer as instalacións do centro acordaron que se iniciase a realización dos planos para a primeira etapa da reforma do centro, que incluirá o acondicionamento e cubrición do patio no que se imparte Educación Física e a ampliación da Biblioteca ata a Rúa Pardo Bazán, espazo no que se acollerá tamén o comedor escolar. A realización dos planos correrá a cargo do Concello.

Tamén se acordou revisar e mellorar a instalación electrica do centro para que poidamos participar na primeira fase do proxecto ABALAR, proxecto polo que se lle facilitarían ordenadores a todos os alumnos de quinto e sexto curso de Primaria.

Visita a exposición "Camiño de Santiago"

Anímate e ven visitar a exposición sobre o Camiño de Santigo que está situada onda a porta principal do Centro. Vas atopar moitas cousas sorprendentes e moitos libros interesantes sobre o Camiño.

Xogos alternativos no patio dos maiores

A vindeira semana os responsables da organización e seguimento dos xogos alternativos no patio dos maiores serán os seguintes equipos:

Luns: Populares

Martes: Populares

Mércores: Anxos e demos

Xoves: Flame

Venres: Anxos e demos

Como sempre, cada equipo conta con alumnado de 4º, 5º e 6º para iniciar o xogo. Ao remate do mesmo o equipo organizador ha de recoller no libro de rexistro dos xogos o desenvolvemento do mesmo no patio.

Para saber máis sobre Uxío Novoneyra

Para saber máis sobre Uxío Novoneyra, podes consultar o seguinte enlace:

http://www.aelg.org/resources/centrodoc/members/paratexts/pdfs/autor171/PT_paratext2923.pdf

Plan TIC

INTRODUCCIÓN

Publicado o listado de admitidos/as no Programa de inmersión lingüística

Pincha neste acceso para consultar as listas.

https://www.edu.xunta.es/axudasle/ 

Concurso "O latexo das Verbas V"

Recordade que o Concurso "O Latexo das Verbas V" rematará o día 30 deste mes de abril.

"Adícoche este poema". Invitámoste a participar

Dentro do proxecto didáctico "Polos Carreiros de Uxío Novoneyra" invitámoste

Distribuir contido


by Dr. Radut