Skip to Content

Secretaría

HORARIO DE TITORÍAS DOS MESTRES/AS PARA ATENCIÓN DE PAIS, NAIS OU TITORES LEGAIS

O horario de titorías dos mestres/as para a atención de pais, nais ou titores legais do alumnado do centro no presente curso 2019/2020 será o seguinte:

  • LUNS: De 15:00 a 16:00 horas.

Tal e como establecen as Normas de Organización e Funcionamento do Centro, non se atenderá a ningún responsable fóra do citado horario e será necesario solicitar cita previa.

HORARIO DE ATENCIÓN POR PARTE DA DIRECCIÓN DO CENTRO

O horario de atención a pais, nais ou titores legais do alumnado do centro por parte do director no presente curso 2019/2020 será o seguinte:

  • LUNS: De 10:30 a 11:30
  • MARTES: De 10:30 a 11:30
  • XOVES: De 10:30 a 11:30

Tal e como establecen as Normas de Organización e Funcionamento do centro, será necesario solicitar cita previa.

VALES DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Xúntase a resolución das axudas para a adquisición de libros e material escolar.

A recollida dos vales realizarase no despacho de dirección, do 1 ao 10 de setembro de 2019 (ambos inclusive) en horario de 10:30 a 14:00 horas.

LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Xúntase a lista definitiva de alumnos/as admitidos/as no Fondo Solidario de Libros de texto.

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Xúntase a lista provisional de admitidos no Fondo Solidario de Libros de texto.

COMEDOR ESCOLAR 2019/2020

O servizo de comedor escolar comezará o mércores 11 de setembro de 2019, e rematará o venres 19 de xuño de 2020.

Os pais, nais ou titores/as legais que desexen que o seu fillo ou filla sexa usuario/a do comedor escolar no curso 2019-2020 deben entregar cuberto no centro o formulario "Anexo II Modelo de autodeclaración e especificacións", incluido no anexo desta publicación, xunto coas instruccións de funcionamento correspondentes ao presente curso escolar.

 

PRAZO DE ENTREGA: DO 1 AO 10 DE SETEMBRO de 2019 (Ambos inclusive)

HORARIO: 10:30 H A 14:00 H

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut