Skip to Content

Secretaría

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 - CURSO 2021/2022

Fanse públicos para o coñecemento e consulta por parte da comunidade educativa os 2 documentos clave que nos servirán de guía para abordar o presente curso escolar coas máximas garantías ante a pandemia provocada polo virus COVID-19. Son os seguintes:

1. PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 - CURSO 2021/2022

2. PLAN DE CONTINXENCIA

Son 2 documentos abertos e flexibles, que poderán sufrir modificacións en función da evolución da pandemia e das indicacións das autoridades educativas e sanitarias galegas e estatais.

Os 2 documentos, de suma importancia, son de lectura obrigada por parte de todos os membros da comunidade educativa.

TRANSPORTE ESCOLAR ALUMNADO DE PÍGARA E BAAMONDE

Trala súa comunicación por parte da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e do Servizo de Transporte Escolar da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, facemos pública a relación de paradas de autobús correspondente ao alumnado procedente das zonas de Pígara e Baamonde.

Pregamos aos pais e nais do alumnado desas zonas nos remitan o documento adxunto indicando a parada da que desexan ser usuarios/as. Pódese facer por dúas vías:

-Telemática, enviando un correo electrónico á dirección do centro: ceip.virxe.corpinho@edu.xunta.gal

-Presencial, entrgándoo na Casa da Cultura de Begonte a partir do día 1 de setembro.

Pódese descargar o documento premendo --> AQUÍ

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Xa está publicada a listaxe definitiva de admitidos para as axudas de fondo de libros e material escolar no taboleiro de anuncios da Casa da Cultura de Begonte. Nela xa están incluidas as familias procedentes do CEIP de Baamonde que presentaron a solicitude correspondente.

O prazo para recoller os vales remata mañá día 15 de xullo de 2021. Os libros de texto do fondo serán repartidos polos/as titores/as os días 6 e 7 de setembro (daremos máis información a comezos de setembro)

O teléfono de atención é o 982 39 60 12 en horario de 10:00 a 14:00.

Moitas grazas

ATENCIÓN TELEFÓNICA MES DE XULLO

Ata o día 15 de xullo o número para atención telefónica sera o 982 39 60 12 en horario de 10:00 a 14:00.

Despois do día 15 de xullo, o teléfono de atención será o habitual do colexio.

Descupen as molestias.

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO 2021/2022

Faise pública a listaxe de libros de texto que empregará o alumnado do CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño durante o vindeiro curso escolar 2021/2022.

Pódese consultar a listaxe premendo AQUÍ

SOLICITUDE DE USO DO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2021/2022

Aberto o prazo para a presentación de solicitudes de uso do comedor escolar durante o vindeiro curso 2021/2022.

- As solicitudes pódense presentar de dúas maneiras:

a) PRESENCIALMENTE, na biblioteca da Casa da Cultura do Concello de Begonte en horario de 10:00 a 14:00 horas.

b) TELEMÁTICAMENTE, escaneada e enviada por correo electrónico á dirección do noso colexio: ceip.virxe.corpinho@edu.xunta.gal.

- PRAZO: Ata o 9 de xullo, incluido. (Non se admitirán solicitudes despois desa data)

- Unha vez rematado o prazo de presentación, publicarase a lista de admitidos no taboleiro de anuncios da Casa da Cultura de Begonte, coa única referencia do nome e os apelidos do alumno/a e a posición ocupada na lista de admitidos/as, dacordo co disposto no Regulamento 2016/678 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación de datos, e abrirase un prazo de presentación de alegacións de 5 días.

- De existir máis solicitudes que prazas de comedor autorizadas, o Consello Escolar baremará as solicitudes dacordo cos criterios establecidos no punto 5 da Instrución 2/2021 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, do 1 de xuño, sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2021/2022.

- De darse a anterior circunstancia, o alumnado que non resulte admitido no comedor escolar pasará inicialmente a unha lista de reserva. Seguidamente, o centro cursará á Secretaría Xeral Técnica a solicitude de ampliación do número máximo de prazas autorizadas no comedor escolar, a fin de que o alumnado en reserva poida quedar finalmente admitido.

- Nos primeiros días do mes de setembro abrirase o prazo para a presentación no centro do modelo de autodeclaración de prezos públicos por parte das familias do alumnado admitido como usuario do comedor.

- É necesaria a presentación da solicitude tanto para o alumnado xa matriculado no centro, como para o alumnado de nova incorporación.

- O alumnado procedente do CEIP de Baamonde tamén ten que presentar a solicitude.

- Pódese descargar a solicitude premendo AQUÍ

ATENCIÓN PRESENCIAL DURANTE O MES DE XULLO

Debido ao comezo das obras de rehabilitación integral do edificio do noso centro, desde o vindeiro luns día 5 de xullo trasladamos a atención presencial á biblioteca da Casa da Cultura do Concello de Begonte, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Pódese consultar a localización da Casa da Cultura do noso concello premendo no seguinte enlace: https://goo.gl/maps/vK4aBrJpHLabrSsX8

Desculpen as molestias.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA - CURSO 2021/2022

 

PRAZO: Do 21 ao 30 de xuño de 2021, ambos incluidos.

HORARIO: De 09:30 a 14:30 horas.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

 

Alumnado que se escolariza por primeira vez (3 anos):

 

  • Formulario de Matrícula cuberto e asinado (Descargar AQUÍ)
  • Solicitude de Transporte Escolar (Descargar AQUÍ)
  • DNI das persoas proxenitoras (fotocopia)
  • Libro de vacinas (fotocopia)
  • Tarxeta Sanitaria (fotocopia)
  • 2 fotografías tamaño carné (co nome escrito no reverso)
  • Elección sobre as ensinanzas de Relixión/Valores sociais e cívicos (Descargar AQUÍ)
  • Elección sobre o uso da imaxe persoal (Descargar AQUÍ)

 

Alumnado que procede de outros centros educativos:

 

  • Solicitude de Transporte Escolar (Descargar AQUÍ)
  • Tarxeta Sanitaria (fotocopia)
  • 2 fotografías tamaño carné (co nome escrito no reverso)
  • Elección sobre as ensinanzas de Relixión/Valores sociais e cívicos (Descargar AQUÍ)
  • Elección sobre o uso da imaxe persoal do alumno/a (Descargar AQUÍ)

 

Alumnado que procede do CEIP de Baamonde:

Os expedientes coa documentación escolar dos nenos e nenas de Baamonde que veñen para o CEIP Virxe do Corpiño, trasládanse automáticamente para este centro, polo que os pais e nais non teñen que formalizar ningún tipo de matrícula nin cubrir ningún tipo de impreso.

LISTA DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2021/2022

Publicada a LISTA DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2021/2022 no taboleiro interior de anuncios do colexio. De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o Proceso de Admisión do Alumnado, e coa Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutro medio.

A información sí chegará ás familias interesadas a través do medio que marcaron na solicitude para a recepción da resolución (electrónico ou postal).

Dada a incomodidade que a consulta presencial pode ocasionar para as familias, máis na situación de Alerta Sanitaria por COVID-19, querémosvos trasladar que a totalidade do alumnado que presentou solicitude de admisión no noso centro está admitido DEFINTIIVAMENTE.

AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2021/2022

Distribuir contido


by Dr. Radut