Skip to Content

Secretaría

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2023/2024

RESERVA DE PRAZA 1º DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o  día 16 de xaneiro de 2023 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño ten preferencia na reserva de praza para 1º da ESO no IES Río Miño de Rábade. Para facela efectiva deberá presentar:

-SOLICITUDE TELEMÁTICA, a través da Sede Electrónica accedendo a: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550A&ano=2022&numpub=1&lang=es con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital.

-SOLICITUDE PRESENCIAL no despacho de dirección do colexio en horario de 09:30 a 11:30 horas. (Deben entregala os pais/nais ou titores legais).

O prazo de solicitudes abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023, ambos incluídos.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Pódese descargar a solicitude facendo click --> AQUÍ

COMEZO DE CURSO

As clases do presente curso escolar 2022/2023 darán comezo o vindeiro xoves día 8 de setembro.

ENTRADAS

Alumnado transportado: 09:20 horas

Alumnado non usuario de transporte escolar: 09:25 horas

Peche de portas: 09:35 horas

A partir desa hora, non se permite a entrada de ningún alumno/a ata o primeiro cambio de clase (10:25), a excepción de aqueles que teñan un xustificante médico.

*Queda prohibido o acceso de persoas alleas ao centro ás aulas, corredores e patio do centro durante as horas de clase sen autorización expresa (Artigo 8.2 da Orde do 22 de xullo de 1997 - DOG nª168 do 2/09/97)

REUNIÓN FAMILIAS EDUCACIÓN INFANTIL

Convócase ás familias de todo o alumnado de Educación Infantil a unha reunión coas titoras, que terá lugar o martes día 6 de setembro ás 10:30 horas no colexio.

Na reunión, as titoras presentarán, ademáis de outros aspectos organizativos, o plan de adaptación para o alumnado de 3 anos e o horario que terán ditos alumnos/as ata o día 16 de setembro.

RECOLLIDA DOS LIBROS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Convócase ás familias beneficiarias do fondo solidario de libros de texto do alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria para recoller os libros outorgados para o presente curso 2022/2023.

A recollida terá lugar o mércores día 7 de setembro no despacho de secretaría do colexio en horario de 10:00 a 13:30.

MODELO DE AUTODECLARACIÓN PARA USUARIOS DE COMEDOR

De conformidade co previsto no artigo 14 do Decreto 132/2013 as familias dos comensais admitidos no comedor escolar terán que cubrir en todos os seus extremos o modelo impreso de autodeclaración de prezos públicos; autodeclaración que ten que ser entregada na secretaría do colexio entre o 1/09/2022 e o 7/09/2022, ambos incluidos, en horario de 10:00 a 13:30.

De non facelo no prazo establecido, o seu fillo/a perdería a condición de usuario/a do comedor escolar.

Pódese descargar o modelo de autodeclaración facendo click --> AQUÍ

ADMISIÓN DE COLABORADORES/AS PARA O COMEDOR ESCOLAR

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CORPIÑO COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2022-2023.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e familiares do alumnado do CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño, que desexen, ao longo do curso 2022-2023, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan no despacho de secretaría do centro.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 7 de setembro de 2022 (incluido).

Durante o curso escolar 2022-2023 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 

O DIRECTOR

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO 2022-2023

Faise pública a listaxe de libros de texto que empregará o alumnado do CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño durante o vindeiro curso escolar 2022/2023.

Pódese consultar a listaxe premendo AQUÍ

SOLICITUDE DE USO DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2022-2023

Aberto o prazo para a presentación de solicitudes de uso do comedor escolar durante o vindeiro curso 2022/2023.

- As solicitudes pódense presentar de dúas maneiras:

a) PRESENCIALMENTE, no despacho de secretaría do colexio en horario de 10:00 a 14:00 horas.

b) TELEMÁTICAMENTE, escaneada e enviada por correo electrónico á dirección do noso colexio: ceip.virxe.corpinho@edu.xunta.gal.

PRAZO: Ata o 8 de xullo, incluido. (Non se admitirán solicitudes despois desa data)

- Unha vez rematado o prazo de presentación, publicarase a lista de admitidos no taboleiro de anuncios do colexio, coa única referencia do nome e os apelidos do alumno/a e a posición ocupada na lista de admitidos/as, dacordo co disposto no Regulamento 2016/678 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación de datos, e abrirase un prazo de presentación de alegacións de 5 días.

- De existir máis solicitudes que prazas de comedor autorizadas, o Consello Escolar baremará as solicitudes dacordo cos criterios establecidos no punto 5 da Instrución 2/2022 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, do 1 de xuño, sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2022/2023.

- De darse a anterior circunstancia, o alumnado que non resulte admitido no comedor escolar pasará inicialmente a unha lista de reserva. Seguidamente, o centro cursará á Secretaría Xeral Técnica a solicitude de ampliación do número máximo de prazas autorizadas no comedor escolar, a fin de que o alumnado en reserva poida quedar finalmente admitido.

- Nos primeiros días do mes de setembro abrirase o prazo para a presentación no centro do modelo de autodeclaración de prezos públicos por parte das familias do alumnado admitido como usuario do comedor.

- É necesaria a presentación da solicitude tanto para o alumnado xa matriculado no centro, como para o alumnado de nova incorporación.

- Pódese descargar a solicitude premendo AQUÍ

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2022-2023

 

PRAZO: Do 20 ao 30 de xuño de 2022, ambos incluidos.

HORARIO: De 09:30 a 14:00 horas.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

 

Alumnado que se escolariza por primeira vez (3 anos):

 

  • Formulario de Matrícula cuberto e asinado (Descargar AQUÍ)
  • Solicitude de Transporte Escolar (Descargar AQUÍ)
  • DNI das persoas proxenitoras (fotocopia)
  • Libro de vacinas (fotocopia)
  • Tarxeta Sanitaria (fotocopia)
  • 2 fotografías tamaño carné (co nome escrito no reverso)
  • Elección sobre as ensinanzas de Relixión/Valores sociais e cívicos (Descargar AQUÍ)
  • Elección sobre o uso da imaxe persoal (Descargar AQUÍ)

 

Alumnado que procede de outros centros educativos:

 

  • Solicitude de Transporte Escolar (Descargar AQUÍ)
  • Tarxeta Sanitaria (fotocopia)
  • 2 fotografías tamaño carné (co nome escrito no reverso)
  • Elección sobre as ensinanzas de Relixión/Valores sociais e cívicos (Descargar AQUÍ)
  • Elección sobre o uso da imaxe persoal do alumno/a (Descargar AQUÍ)
Distribuir contido


by Dr. Radut