Skip to Content

Secretaría

LISTA DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2022/2023

Publicada a LISTA DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022/2023 no taboleiro interior de anuncios do colexio. De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o Proceso de Admisión do Alumnado, e coa Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutro medio.

A información sí chegará ás familias interesadas a través do medio que marcaron na solicitude para a recepción da resolución (electrónico ou postal).

Dada a incomodidade que a consulta presencial pode ocasionar para as familias, querémosvos trasladar que a totalidade do alumnado que presentou solicitude de admisión no noso centro está admitido definitivamente.

AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2022/2023

LISTA PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022/2023

Publicada a LISTA PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022/2023 no taboleiro interior de anuncios do colexio. De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o Proceso de Admisión do Alumnado, e coa Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutro medio.

A información sí chegará ás familias interesadas a través do medio que marcaron na solicitude para a recepción da resolución (electrónico ou postal).

Dada a incomodidade que a consulta presencial pode ocasionar para as familias, , querémosvos trasladar que a totalidade do alumnado que presentou solicitude de admisión no noso centro está admitido provisionalmente.

RESERVA DE PRAZA 1º DE ESO

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 11 de xaneiro de 2022 inícianse os trámites do procedemento de reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

 

O alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño ten preferencia na reserva de praza para 1º da ESO no IES Río Miño de Rábade. Para facela efectiva deberá presentar:

 

-SOLICITUDE TELEMÁTICA, a través da Sede Electrónica accedendo a:https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550A&ano=2018&numpub=2&lang=gl con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital.

 

-SOLICITUDE PRESENCIAL no despacho de secretaría do colexio en horario de 15:00 a 16:00 horas. (Deben entregala os pais/nais ou titores legais).

 

O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Pódese descargar a solicitude facendo click AQUÍ

CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021 (DOG 29/09/2021), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR, que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e estará integrada por:

 

-  O Director do Centro.

-  Un profesor ou profesora.

-  Un pai ou nai ou titor legal.

 

0s dous últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste centro o próximo mércores día 3 de novembro de 2021, ás 10:30 horas no Despacho de Dirección. 

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións e calendario que a partir do día 4 de novembro se irá expoñendo nesta páxina web.

 

O Director

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DE CENTRO

Faise pública para o coñecemento de toda a comunidade educativa a versión actualizada das Normas de Organización e Funcionamento de Centro, avaliadas e aprobadas polo Consello Escolar, en sesión ordinaria celebrada o 20 de outubro de 2021.

Devanditas normas son de obrigado cumprimento para todos os membros da Comunidade Educativa do noso centro.

Pódese descargar o documento facendo click --> AQUÍ

RECOLLIDA DOS LIBROS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Convócase ás familias beneficiarias do fondo solidario de libros de texto do alumnado de 3º, 4º e 6º de Educación Primaria para recoller os libros outorgados para o presente curso 2021/2022.

A recollida terá lugar o luns día 6 de setembro na Casa da Cultura de Begonte no seguinte horario:

Familias de 3º e 4º de Primaria: de 10:00 a 11:00 horas

Familias de 6º de Primaria: de 11:00 a 12:00 horas

 

REUNIÓN FAMILIAS 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Convócase ás familias do alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos) a unha reunión coa titora que terá lugar o martes día 7 de setembro ás 10:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Begonte.

Na reunión, a titora presentará, ademáis de outros aspectos organizativos, o plan de adaptación e o horario que terán ditos alumnos/as ata o día 21 de setembro.

 

NORMAS XERAIS

  • Só poderá asistir unha persoa por familia. Os nenos/as non poden asistir.
  • O uso de máscara protectora é obrigatorio.
  • Desinfectar as mans na entrada co xel hidroalcohólico.
  • Manter a distancia interpersoal de 1,5 m en todo momento.

ADMISIÓN DE COLABORADORES PARA O COMEDOR ESCOLAR

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CORPIÑO COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2021-2022.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e familiares do alumnado do CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño, que desexen, ao longo do curso 2021-2022, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na biblioteca da Casa da Cultura de Begonte.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 7 de setembro de 2021 (incluido).

Durante o curso escolar 2021-2022 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

 

O DIRECTOR

MODELO DE AUTODECLARACIÓN PARA USUARIOS DE COMEDOR ESCOLAR

De conformidade co previsto no artigo 14 do Decreto 132/2013 as familias dos comensais admitidos no comedor escolar terán que cubrir en todos os seus extremos o modelo impreso de autodeclaración de prezos públicos; autodeclaración que ten que ser entregada na biblioteca da Casa da Cultura de Begonte entre o 2/09/2020 e o 6/09/2020, ambos incluidos, en horario de 10:00 a 13:30.

De non facelo no prazo establecido, o seu fillo/a perdería a condición de usuario/a do comedor escolar.

Pódese descargar o modelo de autodeclaración facendo click --> AQUÍ

 

Distribuir contido


by Dr. Radut