Infantil

POESÍA DENDE A CASA

DENDE A BIBLIO DO COLE PROPOÑEMOSVOS UN RETO:

MENSAXE DE ÁNIMO

As profes de Infantil queremos mandarvos todo o noso cariño nestes días! Estamos pendentes de vos dende o outro lado das pantallas e esperamos que pronto poidamos volver a vernos! #TodoVaiSaírBen #Quedanacasa #XuntosPodemos 

Psicomotricidade

XOGO DA OCA INTERACTIVO CON ACTIVIDADES DE MOVEMENTO EN CADA UNHA DAS CASILLAS. PARA PODER AVANZAR, DEBERÁS REALIZALAS. PULSA NESTE ENLACE PARA ACCEDER: https://view.genial.ly/5e74cb299cfd710db9540b0f/game-el-juego-de-la-vinueloca


 

MUSIC

10. HAPPY HOLIDAYS!

Queridas e queridos amigos, o curso rematou! Foi fantástico disfrutar con vós de todo o que a música nos pode ofrecer. Deséxovos un fabuloso verán cheo de risas e aventuras. Non quería despedirme sen antes deixarvos estas propostas para o verán. 

* O lema destes últimos meses foi "Todo vai sair ben", é por iso que vos deixo como canción de despedida este preciosa conto cantado: "Every Little Thing" basado na canción "Three Little Birds" de Bob Marley. Preme aquí para velo e escoitalo.

* Se dispoñes dun xardín ou terraza podedes crear con material de refugallo unha parede musical: Out Door Music Wall. Será moi divertido probar como soa, xogar cos sons e facer as túas propias composicións musicais! Déixovos algunhas ideas.

* E por suposto non vos olvidedes de cantar e bailar! Migallas Teatro, María Fumaça, Mamá Cabra, Pablo Díaz, Cé Orquestra Pantasma, entre outros moitos máis, son estupendos artistas e grupos musicais infantís que teñen as súas cancións en servidores como YouTube. En inglés recoméndovos: Music with Nancy Kopmanm, Emily Arrow and "Barefoot Books" (canle dunha editorial de contos musicais).

Unha aperta moi forte para todas e todos. Bo verán!!

9. SUMMER IS COMING!

Hello musicians!

Xa queda pouquiño para que chegue o verán! É un tempo fantástico para estar ao aire libre, disfrutando da natureza (coidándoa moito, por suposto!). Déixovos varias propostas para pasalo xenial en familia durante esta estación.

*This is My Garden: Finger Rhyme Song*

Preme aquí para ver e practicar coas túas mans esta fermosa rima cantada. Imaxina que a palma da túa man é un xardín no que plantas sementes das que medrarán fermosas flores coa axuda do sol e da chuvia.

Esta é a letra:

"This is my garden,

I'll rake it with care,

And then some flower seeds,

I'll plant there.

The sun will shine,

And the rain will fall,

And my garden will blossom,

And grow straight and tall".

*Homemade Wind Chime*

Que che parece se constrúes coa túa familia un Chamador de Vento (in English: Wind Chime) con material de refugallo que teñas pola casa? O podes colgar nun lugar no que o vento o mova e escoitaredes o seu son! Déixovos varias ideas ;)

 

*Zadar Sea Organ*

Cada 8 de xuño celébrase o Día Mundial dos Oceános. Sabías que en Zadar (Croacia) hai un órgano que funciona coas ondas do mar Adriático? Preme aquí para velo e escoitalo. Os océanos son elementos da natureza marabillosos que debemos coidar moito!

8. ANIVERSARIO DE BEETHOVEN

Ola a todas todos!

Neste ano 2020 celébrase o 250 aniversario do compositor, director de orquestra e virtuoso pianista alemán Ludvig van Beethoven. Como anécdota contareivos que quedou xordo con aproximadamente 30 anos, pero iso non lle impediu seguir compoñendo preciosas sinfonías e sonatas moitos anos máis.

Estou segura que recoñeces algunha das súas composicións. Let's have fun with his music!

*Contradance Nº5*

Dance this Beethoven's composition using all the posibilites of your body. Preme aquí para seguir o ritmo!

*Ode to Joy*

O famoso Himno da Alegría (in English, "Ode to Joy"), é o cuarto movemento da 9ª Sinfonía de Beethoven. É o himno de Europa. Preme aquí para ver unha divertida interpretación deste fermoso "Anthem of Europe".

Big hugs to everyone!

7. A NOSA MÚSICA

Ola amiguiños e amiguiñas!

Creo que xa sabedes que o vindeiro domingo 17 de maio celebramos o día das Letras Galegas. Temos moitísimas fermosas cancións na nosa lingua! Déixovos este precioso poema de Luís Pimentel musicado por Abe Rábade, chámase "Canción das tres cucharas". Preme aquí para escoitalo. Podes recoñecer os intrumentos que soan? Si! O saxo e o piano! Porque Abe Rábade é un músico de jazz.

Pois agora é o teu turno de buscar pola casa diferentes cucharas (culleres) e cuncas e descubrir os diferentes sons que podes producir, porque según o material (madeira, metal, cristal, pástico...) comprobarás como os sons son diferentes.

Fonte da fotografía: Innovarte Infantil

E se queres escoitar divertidas cancións en galego xa sabes que temos unha lista de Spotify, "Seoanín queda na casa". Preme aquí para escoitala :) Unha forte aperta!

6. INTERNATIONAL DANCE DAY

Hello dancers!

Como vos comentei a semana pasada o día 29 de abril celébrase o Día Internacional da Danza. Cada ano elíxese un embaixador/a que redacta unha carta sobre a danza. Este ano a persoa escollida é o coreógrafo e bailarín africano Gregory Vuyani MAQOMA. Neste vídeo podes velo a el bailando. Como comprobarás a súa danza ten moitos elementos da música africana. 

Xa metidos en África... Déixovos unhas propostas con ritmos africanos, espero que as disfrutedes!

*Learn to Dance: Big African Animals*

Queres aprender como bailan diferentes animais africanos? "Buffalo, rhynoceros, lepard, elephant and lion!". Preme aquí para escoitar os tambores e a mover o corpo!

*African instruments*

A danza africana está sempre acompañada de instrumentos, se queres coñecer algún dos insrumentos africanos máis populares preme aquí.

*African rhythms*

Practica este exercicio de ritmo con palmadas con esta bonita canción africana. Preme aquí para vela.

E por últiimo déixovos unhas palabra que escribiu o coreógrafo Maqoma na súa carta sobre a danza: "Todo o que necesitamos agora é bailar, un pouco máis! All we need now is to dance some more!"

5. THE SPRING 

Hello everyone!

Que tal estades? Espero que ben! Aquí vos deixo algunhas propostas musicais. I hope you enjoy them!

*Dynamics: loud and quiet/forte and piano*

Busca pequenos xoguetes que teñas en casa de obxectos, animais... e clasifícaos según a súa intensidade (in English, dynamics). É dicir, se o son que producen é forte (loud) ou suave (quiet or soft). Preme aquí para ver un exemplo. Neste vídeo podes ver divertidos exemplos de sons fortes e suaves.

*Dance freely!*

O póximo mércores 29 de abril celébrase o Día Internacional da Danza. Sabes por que se celebra ese día? Porque foi o día que naceu o coreógrafo francés Jean-Georges Noverre, considerado o creador da danza contemporánea. A danza contemporánea é unha forma de danza que ten elementos de ballet clásico e danza moderna. Neste vídeo tes un exemplo, coa música "A Primavera" de Vivaldi versionada por Richter. Preme aquí para velo. Como poderás comprobar, os instrumentos de corda son grandes protagonistas nesta peza musical.

E xa que estamos no mes da danza, bailade, bailade moito! Aquí tedes a canción completa de The Spring by Richter. Escóitaa e déixate levar... baila libremente! 

Big hugs and happy week!

4. HAPPY APRIL! 

Hello friends!

Here you have the music proposals for this week. I hope you are doing well. Be happy!

*I Can Move My Body Like Anything*

Pincha aquí para bailar esta divertida canción. I am sure you can shake like a shake salter, roll like a roller coaster, pop like a popcorn, wave like the ocean, swing like a monkey in a tree... You can move like anything!! 

*Modelling instruments*

Se che gusta xogar coa plastilina, que che parece se moldeas instrumentos musicais? Aquí tes ideas de como facelo. Se queres descargar as plantillas pincha aquí

*Wash Your Hands*

Seguro que xa sabedes o importante que é lavarse as mans. Para que se vos faga un pouquiño máis divertida esta rutina, practicade esta sinxela canción. Pincha aquí para vela. Déixovos a letra:

"Top and bottom, top and bottom

In between, in between

Scrub them all together, scrub them all together

Now we're clean, squeaky clean"

Unha forte aperta, boa semana a todas e todos!

3. GOING TO THE BALLET

Hello girls and boys!

Estas son algunhas ideas para disfrutar da música esta semana, e durante as vacacións se vos apetece tamén!

*Row Your Boat*

Aprende esta bonita canción tradicional inglesa, coidado cos animais que iredes atopando durante a travesía! Esta é a relación dos xestos: crocodile-scream / polar bear-shiver / lion-roar. Preme, aquí

*Crocodile Snap*

Practica as figuras rítmicas de negra ("quarter note") e corchea ("eighth note") con esta divertida canción. Pincha aquí

*Ballet*

Varios importantes teatros do mundo están retransmitindo de forma gratuíta obras de ballet. A Royal Opera House de Londres compartiu "Peter and the Wolf" (Pedro e o lobo) de Prokófiev nunha preciosa versión de ballet. Preme aquí para vela.

Tamén, o Teatro Bolshoi de Moscú vai retransmitir o venres 10 de abril ás 7 da tarde en directo "Nutcracker" (Quebranoces) de Tchaikovsky que tanto nos gustou no primeiro trimestre. Preme aquí para velo ese día, márcao no teu calendario para non olvidarte!

Unha forte aperta musical!

2. MOVE AND SING

Para esta semana déixovos dúas propostas:

*Clap, Clap Song*

Só precisas un folio ou papel para seguir o ritmo desta divertida canción. Preme aquí

*If You're Happy and You Know It*

Canta e baila esta fermosa canción e recorda os movementos que aprendemos en clase (clap your hands, stamp your feet, turn around...). Preme aquí

Boa semana a todos e todas! Big hugs and keep safe!

1. CARNIVAL OF THE ANIMALS

Neste segundo trimestre estamos a aprender e disfrutar da obra musical "Carnival of the Animals" do compositor francés Saint-Saëns. Déixovos unha breve película musical coa interpretación das 14 pezas que compoñen a obra e a temporalización no minuto e segundo de cada animal. Preme aquí para vela.

Lion (2:10) / Hens and rooster (4:10) / Mules (5:10) / Tortoise (6:10) / Elephant (8:00) / Kangaroo (9:40) / Aquarium/fish (10:25) / Long ears/donkeys (12:45) / Cuckoo (13:45) / Aviary/birds (16:15) / Two pianists (17:40) / Fossils (19:30) / Swan (20:50) / Finale (24:10)

*Agora anímovos a facer uns exercicios de expresión corporal, premede nas palabras e a mover o corpo!*

Aquarium (podedes usar unha tira longa de papel hixiénico ou un foulard) 

Fossils

RECOMENDACIÓNS DO EQUIPO DE INFANTIL

Estimadas familias,

Enviamosvos unha serie de propostas para realizar durante estes días sen cole para tod@s as nenas e nenos de Educación Infantil! 

RECOMENDACIÓNS 

 Coidádevos moito! Unha aperta do Equipo de Infantil!

ENGLISH-kindergarten

Dear families:

Estes días ireivos recomendando actividades e ideas para que as vosas fillas e fillos xoguen e aprendan ingles na casa.

- Premendo nas imaxes,  atoparedes vídeos, xogos e outros recursos para practicar inglés en familia.

               

-BABY SHARK HAND WASH CHALLENGE:

 -PLAY LIST  

En Spotify atoparedes unha lista das cancións traballadas na clase.

 -STORYTELLING 

                          

       

      

STAY HEALTHY!!

Belén

Distribuir contido

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE