Secretaría

RESERVA DO ALUMNADO DE 6º EP NOS CENTROS ADSCRITOS PARA O CURSO 2021/22

O ALUMNADO  DE  6º EDUCACIÓN PRIMARIA ,

QUE RESERVOU PRAZA NO IES ADORMIDERAS E NO

IES “ RAMÓN MENÉNDEZ PIDAL

PARA O VINDEIRO ANO ESCOLAR 2021-22,

ESTÁN TODOS ADMITIDOS.

RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS ADSCRITOS PARA O CURSO 2021/22 PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

O próximo 11 de xaneiro iníciase o prazo para a reserva de praza nos centros adscritos para o alumnado de 6º de Primaria. 

Podedes acceder a toda a información pinchando aquí.

RECOMENDACIÓNS NOVAS FAMILIAS

Ainda non sabemos como será o comezo do curso que vén, pero o que si sabemos é que tentaremos que sexa o máis tranquilo e seguro posible para todo o noso alumnado.

Se premedes na seguinte imaxe encontraredes unhas pequenas recomendacións para as novas familias de 3 anos do vindeiro curso 2020/21. 

                                     

RECOLLIDA DO MATERIAL DO ALUMNADO

Como xa estamos na fase 2 poderedes vir ao centro a recoller o material que quedou nas aulas dos vosos fillos e fillas. Esto terémolo que facer de forma organizada para evitar aglomeracións e poder cumprir así co protocolo de seguridade sanitaria

Normas de acceso

 * Na medida do posible acudir unha persoa por familia

* Non se permitirá a entrada ao centro sen mascarilla. 

* Esperarase no porche mantendo a distancia de seguridade a que sexa o noso turno. 

 

 Os días para recoller os materiais son os seguintes:

 

DIA (10 a 13 h.)

CURSOS

Mércores 27/05

1º e 2º EP

Xoves 28/05

3º e 4º EP

Venres 29/05

5º e 6º EP 

Luns 01/06

5 anos

Martes 02/06

3 e 4 anos

 

 

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2020/2021 PARA O ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN

No DOG do 6 de maio, publícase o Acordo sobre o restablecemento do proceso de admisión de alumnado para o curso 2020/21. 

- Presentación de solicitudes: do 11 ata o 18 de maio (ambos inclusive), podedes presentala de dúas maneiras:

1. Forma telemática: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

2. Forma presencial: na secretaría do centro en horario de 9 a 14, con cita previa chamando ao teléfono do centro (881-960653).

- Presentación da documentación acreditativa do baremo: ata o 26 de maio. 

- Publicación das listas provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño.

 Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño. 

Formalización da matrícula: do 1 ao 10 xullo de 2020

 

Recordamos a documentación a presentar xunto coa solicitude:

- Fotocopia do libro de familia

- Padrón

- En caso de haber unha separación dos proxenitores, haberá que presentar a sentencia de divorcio e a solicitude terá que estar firmada polo pai e a nai. 

- Informe de neae, se fose o caso. 

Deixámosvos o enlace ao DOG na seguinte icona

                                              

 

Información ao alumnado de 6º E. Primaria

Aberto o prazo para a reserva de praza para o curso 2020/21 dos centros adscritos para o alumnado de 6º EP. Tedes toda a información e o formulario para descargar en Secretaría.

Feliz Nadal

Feliz Nadal e Felices Festas

Dende o CEIP Víctor López Seoane queremos desexar a todas as familias que forman parte da nosa comunidade educativa unhas Felices Festas e un próspero Ano Novo 2020.

 

 

Moitas Grazas e Felices Festas.

REUNIÓNS COAS FAMILIAS DE EDUCACIÓN PRIMARIA

REUNIÓNS COAS FAMILIAS DE ED. PRIMARIA

 

CURSO DATA HORA
1º EP 30/09/19 18:00
2º EP 14/10/19 17:00
4º EP 30/09/19 17:00
6º EP 14/10/19 18:00
FAMILIAS 3º Y 5º EP (TEI) 25/09/19 16:00
3º EP 25/09/19 17:00
5º EP 25/09/19 17:00

Nova organización nas entradas e saídas

Estimadas familias,

Vos presentamos a nova organización de entradas e saídas para este curso.

Como pasa nas nosas casas, cando a familia medra necesitamos moitas veces modificar os espacios para acomodarnos.

Esto fixo que tivÉsemos que empregar un trozo de porche para unha das aulas de tres anos.

Con iso gañamos espacio no comedor, aulas máis grandes e luminosas e un despacho de orientación na planta baixa.

Unha das consecuencias deste cambio foi que pasamos a ter soamente unha porta e un só acceso ao porche para as entradas e saídas. Despois de moito pensar,  planificamos a seguinte organización:

8:55 acceso ao recinto escolar.

Os nenos e nenas e 3 anos seguirán entrando e saíndo polo patio traseiro.

Os nenos e nenas de 4 e 5 e 1º de EP anos farán as filas no porche xunto a súa titora tanto para entrada como para á saída.

Os nenos e nenas de 2º a 6º de EP subirán directamente ás súas aulas. Alí estará o profesor que lles corresponda. No porche e na zona de entrada haberá profesorado para garantir a seguiridade da entrada. Na saída 1º, 2º e 3º sairán en primeiro lugar e por último 4º, 5º e 6º. A entrega farase nas escaleiras

Deste xeito esperamos que as entradas e saídas sexan fluidas. Unha norma importante para o desenvolvemento desta organización é:

AS FAMILIAS NON PODERÁN ACCEDER AO PORCHE.

A zona de entrega será  as escaleiras segundo a foto. Agradecemos a vosa colaboración!

Distribuir contido

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE