Extraescolares

Día Internacional da Paz

(31 de xaneiro)

Hoxe reunímonos todos os alumnos e profesorado para celebrar o Día da Paz.

Toda celebración ten que contar con música! Por iso varios alumnos do cole interpretaron a melodía da canción "Teño un amigo en min", gustounos moito comezar a mañá recordando o importante que é a amizade e o apoio dos nosos compañeiros.

Xa chegou o Nadal!!

O venres 20 de Novembro celebramos o Nadal e o inicio das vacacións.

Organizamos dous festivais, para pequenos e maiores.

Os nenos de Infantil, 1º e 2º disfrutaron das magníficas actuacións de moitos pais e nais que se animaron a vir ao cole; e os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º presentaron as actuacións que preparon con moita ilusión e esforzo.

Felices Festas!!

 

Día da Montaña

Hoxe é o Día da Montaña e o todo o colexio fixemos unha camiñata.

A ruta elixida foi o Paseo dos Menhires. Explicáronnos a historia deste lugar tan importante para os coruñeses e desfrutamos todos xuntos dunhas fermosas vistas durante toda a camiñata.

Pleno infantil

O 20 de Novembro parte dos rapaces de 6º A e B acudiron a un Pleno no Concello en María Pita.

Expresaron as súas ideas e propostas para poder levar a cabo os dereitos dos nenos e nenas.

Gustoulles moito poder participar e que as súas voces se escoiten, xunto coas de outros rapaces e rapazas de varios colexios da Coruña.

Magosto

(11 de Novembro)

Xa estamos en novembro e toca comer castañas, toca celebrar o Magosto!!

Nesta ocasión contamos cuns castañeiros gracias os cales papamos as castañas quentiñas todos xuntos.

Chegou Halloween!!

Hoxe, 30 de outubro, celebramos unha das nosas festas favoritas: Halloween!!!!

Ademáis de convertirnos en personaxes do máis terrorífico tamén preparamos receitas de medo. Cada clase preparou unha diferente e logo xuntámonos todos para organizar un mercadillo plurilingüe, onde podíamos mercalas e saber como se preparaban.

Feliz Nadal

Feliz Nadal e Felices Festas

Dende o CEIP Víctor López Seoane queremos desexar a todas as familias que forman parte da nosa comunidade educativa unhas Felices Festas e un próspero Ano Novo 2020.

 

 

Moitas Grazas e Felices Festas.

Gañadora da Cesta de Nadal

Xa temos gañadora do Sorteo da cesta de Nadal. A cesta foi entregada a Lorena Fernández Caamaño que entregou a rifa co número 639. Ana e Iván, membros do ANPA entregaron a cesta co aportado polas alumnas e alumnos. Esperamos que o desfrute durantes estás Festas. Bo Nadal e agradecemos a todas as persoas que colaboraron.

 

cesta_nadal

Sorteo cesta de Nadal

O número resultante do sorteo da cesta de Nadal foi: 639

 

Recordamos que hai que recoller a cesta antes do venres 20 incluído.

Moitas grazas por participar.

Distribuir contido

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE