MACROCUESTIONARIO SOBRE A CONVIVENCIA NOS CENTROS
A Xunta de Galicia publicou con data de 12 de abril o III macrocuestionario sobre convivencia nas aulas, dirixido a o conxunto da comunidade escolar galega e ao alumnado a partir de 5º de Primaria.
O obxectivo deste cuestionario é actualizar os datos da situación dos centros escolares en canto á convivencia, que se iniciou no 2015 e repetiuse no 2019, así como testar a evolución no tempo co fin de implementar as medidas específicas e máis axeitadas á realidade das aulas.
Esta acción vaise enmarcar dentro da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2021-2025 EduConvives.
O prazo para facer estas enquisas é ata o día 29 de abril.
Tedes toda a información no seguinte enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/node/33594