FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022/23
DESTINATARIOS:
* FONDO SOLIDARIO DE LIBROS: 3º e 4º EP
* AXUDAS ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO: 1º e 2º EP
* AXUDAS MATERIAL ESCOLAR: TODO O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.
FORMA DE PRESENTACIÓN:
- Vía telemática: a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)
- Presencial: na secretaría do centro. (ANEXO I E II)
O alumnado de 6º de Primaria deberán presentar a súa solicitude no instituto no que teña a praza para o vindeiro curso (22/23).
DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR:
- Copia do libro de familia na que figuren todos os membros da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
- Certificado, no caso de discapacidade, dalgún membro da unidade familiar incluidos na solicitude.
PRAZOS DE ENTREGA:
DO 19 DE MAIO AO 22 DE XUÑO
Para máis información podedes premer no seguinte enlace: ORDE do 29 de abril de 2022 (DOGA num. 95 do 18/05/22)
ANEXO I ANEXO II