Skip to Content

Celebracións

Celebracións

Recursos para o entroido 2024

Ímosvos presentar o libro dixital que recolle os principais personaxes do Entroido en diferentes lugares de Galicia, así como un vídeo onde se ve como son estas celebracións.

Este material foi recollido por Liliana Carro, mestra no IES Rosais II, centro ao que está adscrito o noso.

Desde o CEIP Vicente Risco queremos agradecer enormemente esta aportación que facemos pública á toda a nosa comunidade educativa.

Queremos tamén que poidades acceder a outros recuros facilitados para poder coñecer e traballar outros aspector do entroido.

Seguindo cos Bolechas, tamén tedes este recurso: https://osbolechas.gal/entroido/entroido.html

Para aprender os personaxes do entroido cunha canción, temos a de David Ramos, Non pare a festa "Entroido": https://www.youtube.com/watch?v=-nKDOsa7iu0

E para saber máis do personaxe típico de Vigo, o Merdeiro: https://www.youtube.com/watch?v=Iwnow_JLcSw

Por último, achegamos un enlace con recursos didácticos variados do Portal da Lingua: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/datas-sinaladas/listado?tipo_recurso=Xestion/recurso/Entroido/


 
 
Video do entroido

Ordes do meco

 

Orde do xoves8 febreiro

Orde do venres 9 febreiro

 

Festival de Nadal - Danzas do mundo

Aquí tendes todas as actuacións do noso particular Festival de Nadal adicado a Danzas do mundo.

Foi un momento máxico onde colaboramos toda a comunidade educativa e compartimos bailes na celebración.

Mirade como participamos todos e todas nas actuacións.

 

SAMAGOSTÍN = Samaín y Magosto 2023 CEIP Vicente Risco 2023

Presentámosvos o vídeo para lembrar o ben que o pasamos festexando este día.

 

Cantiga do magosto 2023

Aquí tendes o vídeo da cantiga do magosto 2023.

 

SAN MAGOSTÍN

san magostin

Baile de graduación 2023

O pasado luns 19 de xuño tocou baile de graduación. Os pequenos de 6º de Infantil fanse maiores e xa van ser de 1º de Primaria e... os maiores de 6º convértense en supermaiores... Vanse ao Instituto!

Foi un día cheo de emocións que nos deixa este baile de lembranza da xornada.

Aquí o tendes!

 

Festival Letras Galegas 2023

Este ano o Día das Letras Galegas estivo adicado a Francisco Fernández del Riego.

No Festival contamos algúns datos da súa biografía para coñecelo mellor.

Despois interpretamos varias cancións, bailes e xogos da tradición galega.

Infantil actuou con Baile da Carrasquiña. Primeiro bailou O lambonciño. Segundo xogou co Señor da serra. Terceiro e Cuarto estiveron Na beira do mar. Quinto cantou A Rianxeira e Sexto, por último, pechou o festival con Miña Terra Galega.

E aquí está o vídeo do Festival.

 

Video do Entroido 2023

Distribuir contido


logo

by Dr. Radut