Skip to Content

Complementarias

Letras galegas e maios 2024

Este curso festexamos o Día das letras galegas e os maios dun modo conxunto. Aproveitamos que Luísa Villalta é unha escritora e violinista para unir a súa figura coas coplas adicadas aos maios. Así festexamos este gran día unindo estes dúas celebracións.

 

Festival de Entroido 2024

Chegada da antorcha olímpica ao CEIP Vicente Risco

O pasado mércores 7 de febreiro chegou ao noso cole a antorcha olímpica das VII Olimpiadas de Teis 2024.

Aquí tendes o vídeo da súa chegada e o discurso de benvida a tan importante acontecemento.

 

Invitación Festival de Nadal

invitacion familias festival nadal

Contacontos musical - Lúa Triangular (Jara Ortiz)

O pasado 28 de novembro tivemos un contacontos musical interpretado por Jara Ortiz titulado Lúa triangular. O contacontos está baseado no libro Marta e a píntega de Eli Ortiz.

O alumnado disfrutou e participou neste contacontos e aprendeu que todos os contos poden cambiar.

O contacontos estivo organizado pola AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) e estivo xenial!

Aquí tendes unhas imaxes do mesmo e un pequeno video con fragmentos dalgúns momentos do contacontos.

contacontos musical

 

 

1º PREMIO BOAS PRÁCTICAS INCLUSIVAS 2023

PREMIO INCLUSIÓN EDUCATIVA

Hoxe é un día para celebrar e recoller os froitos de tanto traballo detrás do Proxecto Son das Flores. Este premio é un anaquiño de cada neno/a, madriña ou padriño de Son das Flores, dun claustro comprometido, un profesorado de orquestra indescritible e unhas familias que nos siguen en todas as nosas tolerías.

Hoxe é un día para dar as grazas a todo o mundo que creu e cre no noso proxecto e para sentirnos moi Orgullos@s do noso cole!

Orquestra son das flores en Santiago

 

Celebración do día da música (Santa Cecilia)

Con motivo da celebración do día da música (Santa Cecilia) todo o colexio cantou o tema Son das Flores.


Para esta actuación os grupos prepararon instrumentos musicais de refugallo.


Aquí está o vídeo da actuación.

 

Tarde de contacontos

Grazas a Foanpas e a Polo correo do vento por achegarnos a Maruja Mallo dunha maneira lúdica e creativa, achegando o conto e a ilustración ás familias que compartiron este evento.

Moitisímas Grazas!!!

Contacontos Meiga nova

meiga nova contacontos

Actuación Son das Flores en Got Talent

O pasado sábado 23 de setembro a nosa orquestra Son das Flores actuou en Got Talent e conseguiu catro síes.

Aínda estamos emocionados.

Este é o vídeo da gran actuación.

 

got talent

Distribuir contido


logo

by Dr. Radut