Skip to Content

Actuación Son das Flores en Got Talent

O pasado sábado 23 de setembro a nosa orquestra Son das Flores actuou en Got Talent e conseguiu catro síes.

Aínda estamos emocionados.

Este é o vídeo da gran actuación.

 

got talent

Presentación da nova empresa de xestión do comedor: ARAMARK

ARAMARK

 

Aramark é a empresa encargada do comedor e esta é a súa presentación. Ademais dunha carta de presentación ás familias, hai un documento que explica como acceder á súa app e outro documento que é unha guía alimentaria. Podedes acceder clicando sobre cada apartado

a) Carta de Presentación

b) El gusto es crecer: Como acceder á app

c) Guía alimentaria

 

 

 

 

INICIO DE CLASES

INICIO DE CLASES

 

Rematan as vacacións e chega o momento de regresar ao colexio.

Comezamos o vindeiro luns 11 de setembro ás 9:00

O comedor tamén empeza este día de 14:00 a 16:00

Benvidos ao novo curso 23-24

As primeiras reunións cos profes serán nos seguintes horarios:

4º, 5º e 6º de Infantil: Mércores 6 ás 11:00

1º e 2º de Primaria: Martes 12 ás 17:00

4º de Primaria: Martes 19 ás 17:00

5º de Primaria: Martes 19 ás 17:00

6º de Primaria: Martes 19 ás 17:00

3º de Primaria: Martes 26 ás 17:00

 

 

SOLICITUDE COMEDOR CURSO 23-24

INSTRUCIÓN 3/2023 sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2023-24. 

Anexo II Autodeclaración. Debe ser presentada por todo o alumnado solicitante de comedor. 

Domiciliación. Debe ser presentada nos caso de non ser gratuito.

Solicitude cos días a usar. 

 

O alumnado usuario do curso 2022-23 (logo da entrega destes formularios) queda admitido para o curso 23-24 e o de nova incorporación será baremado, de ser necesario.

 

 

Baile de graduación 2023

O pasado luns 19 de xuño tocou baile de graduación. Os pequenos de 6º de Infantil fanse maiores e xa van ser de 1º de Primaria e... os maiores de 6º convértense en supermaiores... Vanse ao Instituto!

Foi un día cheo de emocións que nos deixa este baile de lembranza da xornada.

Aquí o tendes!

 

Listado dos libros de texto para o curso 2023-24

Listado dos libros de texto para o curso 2023-24

 

 

Este é o listado de libros para o vindeiro curso 23-24.

Está tamén no arquivo adxunto.

 

Libros de Texto Curso 23_24

Resumo do proxecto de centro: Son das Flores

Este curso, igual que o anterior, tivemos o noso proxecto de centro adicado a Son das flores.

Aquí tendes un pequeno resumo de todo este proxecto. Ao menos, do realizado ata aquí, porque este proxecto non ten fin. A nosa seguinte estación... Madrid!

 

Diario das Flores Nº 16

Estamos chegando ao final do curso e, como cada ano, publicamos a nosa revista que recolle algúns dos momentos vividos en cada curso e no centro.

Esperamos que vos guste!

 

Distribuir contido


logo

by Dr. Radut