Skip to Content

PUBLICADA AS AXUDAS MUNICIPAIS CURSOS 23-24 PARA LIBROS DE TEXTO, MATERIAL E COMEDOR

 

Publicouse no BOP a apertura de prazo para as solicitudes de AMES 2023-2023 (Axudas Municipais de libros, material escolar e comedor para alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil, segunda etapa, e educación primaria e secundaria).
 
PROGRAMA DAS AXUDAS


Serán de dous tipos:
A) Axudas para a adquisición de libros e material escolar para Educación Infantil (2ª etapa)


B) Axudas para comedores escolares (de setembro a xuño, ámbolos dous incluídos) para alumnos/as matriculados/as nos niveis de Educación Infantil (2ª etapa), Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria


FORMA DE PRESENTACIÓN
A) A través da carpeta Cidadá do Concello de Vigo (convocatorias e subvencións)


B) Presencialmente con cita previa
Teléfonos: 010 ou 986810260
Acceso solicitude cita previa

 

PRAZO PRESENTACIÓN
Do 5 ao 30 xuño

 

ANEXOS
Xustificante hipoteca

Declaración responsable alquiler sin contrato

Solicitude AMES 2023-24

Convocatoria

Bases reguladoras das axudas

 

Festival Letras Galegas 2023

Este ano o Día das Letras Galegas estivo adicado a Francisco Fernández del Riego.

No Festival contamos algúns datos da súa biografía para coñecelo mellor.

Despois interpretamos varias cancións, bailes e xogos da tradición galega.

Infantil actuou con Baile da Carrasquiña. Primeiro bailou O lambonciño. Segundo xogou co Señor da serra. Terceiro e Cuarto estiveron Na beira do mar. Quinto cantou A Rianxeira e Sexto, por último, pechou o festival con Miña Terra Galega.

E aquí está o vídeo do Festival.

 

LISTA ADMITIDOS CURSO 23-24

LISTA ADMITIDOS

 

Todas as persoas que entregaron as instancias de matrícula en forma e prazo están admitidas.

A lista está exposta no taboleiro de anuncios do centro.

A formalización da matrícula no centro será entre o 20 e o 30 de xuño de 2023.

 

 

 

 

Menú comedor mes de abril 2023

SEMANA DO 8M

 

 

 

Video do Entroido 2023

Vacantes curso 23-24

 

Curso Número de vacantes
4º Infantil 10
5º Infantil 4
6º Infantil 12
1º Primaria 18
2º Primaria 11
3º Primaria 14
4º Primaria 13
5º Primaria 13
6º Primaria 12

 

O prazo de admisión é do 1 ao 20 de marzo

 

Distribuir contido


logo

by Dr. Radut