Skip to Content

Celebracións

Celebracións

Día da Paz 2022

Para conmemorar o Día da Paz deste ano 2022 o alumnado do CEIP Vicente Risco interpreta a canción Terra de Tanxugueiras por todo o noso recinto escolar.

Pretendemos salientar que o noso gran obxectivo e incluír sempre a todo a todo o mundo independemente da súa procedencia, partindo dun dos nosos grandes lemas do centro: Compartir é construír.

Aquí tendes o vídeo e o noso berro de...

NON HAI FRONTEIRAS!

 

Calendario Cientifico Escolar

 

O proxecto “Calendario Científico Escolar 2022” consistiu na elaboración dun calendario dirixido ao alumnado de educación primaria e secundaria obrigatoria. Cada día recolleuse un aniversario científico ou tecnolóxico como, por exemplo, nacementos de persoas destes ámbitos ou conmemoracións de achados destacables. 

Enlazando con este proxecto, o alumnado de sexto participará no proxecto Inspira Steam, proxecto relacionado co ámbito científico-tecnolóxico e que busca o empoderamento da muller, de maneira que tomen conciencia de que son válidas para levar a cabo calquera profesión.

Aquí tendes o calendario.

 

Nadal 2021

Este festival de Nadal volveu tocar facelo de modo virtual, pero, como cada ano, continuamos asistindo á nosa cita con toda a comunidade educativa.

Mirade as nosas actuacións!

 

E ademais queremos felicitarvos o Nadal dun xeito moi especial.

Todo o alumnado do cole interpreta para vós a panxoliña A run, a run.

Con ela desexámosvos unhas moi boas festas e despedímonos ata o 10 de xaneiro onde volveremos con máis ilusión aínda.

Bo Nadal!

 

Arturo e Clementina

Para conmemorar o 25N, todo o alumnado do centro e o profesorado colaborou na realización deste conto titulado Arturo e Clementina.

O alumnado de Infantil e Primaria, ata Quinto, encargouse do decorado e da creación das figuras do conto, mentres que os nosos maiores de Sexto foron os encargados de poñerlle voz ao relato.

O conto está realizado coa App educativa Stop Motion.

Moitísimas grazas ao alumnado e ao profesorado pola participación e implicación neste traballo e nesta conmemoración.

Agora xa deixámosvos co vídeo de Arturo e Clementina, que é a nosa pequena aportación ao 25N.

 

Magosto 2021: Cancións e bailes

Festexamos o Magosto e o Samaín de forma conxunta, pero preparamos actuacións diferentes para cada temática.

Xa vos ensinamos o noso Festival do Samaín e agora tócalle o turno ao Magosto.

Disfrutade das nosas cancións e os nosos bailes!

 

Festival Samaín e vídeo-fotos San Magostín

O alumnado do CEIP Vicente Risco preparou unhas pequenas actuacións para festexar o Samaín e no vídeo tendes o resultado. Ademais adxuntamos a este vídeo o recompilatorio da celabración de San Magostín.

 

San Magostín Curso 21-22

O pasado venres 29 de outubro festexamos o noso particular San Magostín, onde mesturamos a celebración do Magosto e o Samaín.

Este día viñemos disfrazados e comimos castañas.

Ademais tivemos unha gran exposición de cabazas relacionadas coa temática da música e dos sentimentos.

Tamén escribimos os nosos contos de medo para participar no noso concurso literario.

E... por suposto adornamos os nosos corredores.

Pasámolo de medo!

Mirade o noso vídeo recompilatorio deste gran San Magostín e pásadeo igual de ben que nós!

 

MULLERES CON PEGADA

Para conmemorar o Día Internacional da Muller no CEIP Vicente Risco quixemos recoller algunhas célebres frases pronunciadas por algunhas das mulleres que, dalgunha maneira, deixaron a súa pegada na historia... Onte, hoxe e sempre.

 

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

DIA DA MULLER

Para conmemorar este Día contamos coa científica Laura Rodríguez Lorenzo, natural do noso barrio de Teis e traballando actualmente nun laboratorio na cidade de Braga en Portugal que nos presenta nun vídeo o seu laboratorio e nos saúda animando a todas as mulleres a cumprir o seu sono.

 

 

A continuación o alumnado do CEIP Vicente Risco conta a biografía da gran baloncestista Alba Torrens. Actualmente, a ex-xogadora do Celta de Vigo e aleiro da selección española xoga no Ekaterimburgo de Rusia.

Agora podedes ver este vídeo, pero o mellor está por chegar. Non vos adiantamos nada. Xa o veredes!

 

 

A sorpresa prometida!!!!

Os saúdos de Alba Torrens!!!

 

Distribuir contido


logo

by Dr. Radut