Skip to Content

Celebracións

Celebracións

Entroido 2023

Ímosvos presentar o libro dixital que recolle os principais personaxes do Entroido en diferentes lugares de Galicia, así como un vídeo onde se ve como son estas celebracións.

Este material foi recollido por Liliana Carro, mestra no IES Rosais II, centro ao que está adscrito o noso.

Desde o CEIP Vicente Risco queremos agradecer enormemente esta aportación que agora facemos pública á toda a nosa comunidade educativa.

Queremos tamén que poidades acceder a outros recuros facilitados polos portal da lingua en relación co entroido e así poder coñecer máis sobre esta festa. (Clicade sobre as palabras destacadas)

Ademais deixamos unha imaxe con outros recursos para traballar o entroido.

 

 

Festival de Nadal Curso 22-23

Comezamos o segundo trimestre lembrando o marabilloso Festival de Nadal co que pechamos o primeiro trimestre.

Esperemos que o disfrutedes!

 

25 N - POR ELAS!

Por ti, por min, por elas...

Día Internacional da eliminación da violencia contra a mulleres. Contra a violencia, tolerancia cero.

Aínda queda moito por educar!

 

 

San Magostín no CEIP Vicente Risco

Hoxe festexamos o San Magostín e aquí están os vídeos resumo do ben que o pasamos. Nun deles vemos as imaxes do centro, as cabazas, os disfraces... e no outro  está a copla que interpretaron os alumnos e alumnas do centro. 

 

 

Actuación do Entroido

Tralas imaxes do Entroido, hoxe toca lembrar as nosas actuacións.

Aquí as tendes:

 

Imaxes do Entroido

Volvemos do Entroido lembrando o noso Festival.

Este ano estivo adicado á Música e aos sentimentos.

Aquí tendes o vídeo das imaxes e, en breve, poremos as das nosas actuacións.

Mirade que ben o pasamos!

 

 

Entroido 2022

Aquí temos unha imaxe interactiva do Entroido 2022.

Podedes ver disfraces típicos de diversas zonas de Galicia, así como un vídeo e un libro realizado polo IES Rosais II.

 

 

23 de febreiro: Día de Rosalía

O alumnado do noso centro lembrou a Rosalía plantando pensamentos, unha das súas flores.

Cóntase que na súa morte pediu que se lle puxeran pensamentos ao seu carón, unha das flores que máis lle gustaba.

Aquí quedan os nosos pensamentos en homenaxe a Rosalía.

 

Entroido 2022

Ímosvos presentar o libro dixital que recolle os principais personaxes do Entroido en diferentes lugares de Galicia, así como un vídeo onde se ve como son estas celebracións.

Este material foi recollido por Liliana Carro, mestra no IES Rosais II, centro ao que está adscrito o noso.

Desde o CEIP Vicente Risco queremos agradecer enormemente esta aportación que agora facemos pública á toda a nosa comunidade educativa.

 

Distribuir contido


logo

by Dr. Radut