Neste vídeo refllíctense algunhas das actividades que realizaron o alumnado de tres anos para coñecer a festa do Nadal. Tamén se inclúe a actuación que fixeron no festival de Nadal xunto co alumnado de primeiro.
Os alumnos de 5º e 6º de primaria protagonizan un videoclip sobre a canción:
"Hecho con tus sueños"
de Funambulista, e participan no concurso da campaña de Nadal que Suchard propón este ano. Fixeron un traballo increíble durante dúas semanas nas que gravamos as voces e as tomas de vídeo baixo a dirección de Nicarnor Formigo, técnico que colaborou connosco sen ánimo de lucro, e sen o que este proxecto non existiría.
Aprendemos moito sobre os aspectos técnicos de gravación xa que todo o proxecto fíxose co máximo rigor, e con aparellos profesionais.