Skip to Content

Celebracións

Celebracións

Rosalía de Castro - Segundo de Primaria - CEIP Vicente Risco

Presentámosvos o gran traballo que fixo o noso alumnado de Segundo de Primaria para conmemorar o Día de Rosalía.

Fixádevos neste vídeo o bonito que lles quedou.

 

 

REXURDIMENTE: O alumnado de sexto interpreta a versión do grupo De Vacas sobre o poema de Rosalía de Castro

REXURDIMENTE: O alumnado de sexto interpreta a versión do grupo De Vacas sobre o poema de Rosalía de Castro, que nos serve para engarzar a celebración do Día de Rosalía e o Día da muller do 8 de marzo, baseado todo neste gran poema da nosa gran dama Rosalía de Castro.

Primeiro está o video do noso alumnado e a continuación o orixinal do grupo De Vacas.

 

DÍA DE ROSALIA - 24 DE FEBREIRO DE 2.021

Rosalía multilingüe

 

Achégase a ligazón coa web do Servizo de Normalización Lingüística coas actividades para celebrar este día:

 

 

 

Vídeo de Infantil 3 - 4 anos

 

 

Vídeo de Terceiro de Primaria

 

 

Lectura de poemas de Rosalía de Castro musicados por Amancio Prada e outros poemas (Terceiro de Primaria)

 

 

Entroido 2021: Os nosos disfraces

Pasamos toda a semán de entroido cumprido as mandas do meco e o venres 12 tocounos disfrazarnos con diversos atuendos relacionados co tema A saúde, dentro do noso proxecto de curso Coidarnos é querernos.

Mirade que ben o pasamos!

 

Entroido 2022: Libro dixital personaxes do Entroido en Galicia e vídeo coas diferentes celebracións

Ímosvos presentar o libro dixital que recolle os principais personaxes do Entroido en diferentes lugares de Galicia, así como un vídeo onde se ve como son estas celebracións.

Este material foi recollido por Liliana Carro, mestra no IES Rosais II, centro ao que está adscrito o noso.

Desde o CEIP Vicente Risco queremos agradecer enormemente esta aportación que agora facemos pública á toda a nosa comunidade educativa.

FESTIVAL DE NADAL 2020 CEIP VICENTE RISCO

SAMAÍN 2020: VÍDEO DOS NOSOS MELLORES PARTICIPANTES

Aquí tedes o video recompilatorio das vosas imaxes coas cabazas que recibimos no correo nesta edición especial do Samaín e dentro do proxecto de centro Coidarnos e querenos.

Moitísimas grazas pola vosa participación.

 

 

Ordes do meco

 meco xoves

meco mércores

 

 

meco martes

Despedida de Infantil

Grazas Carlota e familia por facer este fantástico recordo para todas e todos os que pertencemos á comunidade educativa, o paso por Infantil queda cunha lembranza marabillosa. Que sorte temos!!!!!

 

 

 

Vós tamén formades parte da nosa equipa!!!!!!

 

 

 

Non podiamos deixar pasar a ocasión para poder rendilles un pequeno recoñecemento a Rocío, Loli e Pilar, as nosas coidadoras da limpeza. Elas fixeron, fan e farán que todo o noso colexio, e recinto do centro educativo, estea nas condicións óptimas para que todas e todos os poidamos empregar co maior aproveitamento posible.
Amais, nestes tempos, profes, familias e alumnado, estamos dobremente agradecidas e agradecidos por tanto e tan bo traballo que realizan. Cóidannos en seguridade. É por iso, polo que lles damos as GRAZAS.

 

 

 

Distribuir contido


logo

by Dr. Radut