Xovesi Fin de curso

Información importante fin de curso: XOVESÍ

Libros de texto Curso 2018-19

Concello de Oleiros: Prestacións de apoio á escolarización para o Curso 2018-19

O día 06/06/2018 publicouse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña, núm. 106, o extracto da convocatoria de bases específicas do procedemento para a solicitude das prestacións de apoio á escolarización para o curso 2018/2019.

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoia e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19: DOG do luns, 21 de maio de 2018

Máis información no seguinte ENLACE

O prazo para presentar solicitudes será do 22 de maio ao 22 de xuño de 2018, ámbolos dous inclusive.

As solicitudes presentaránse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática fondolibros: www.edu.xunta.gal/fondolibros

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes. ANEXOS I e II

Avaliación individualizada de 3º EP

RESOLUCIÓN  do 10 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2017/18.

Charla aberta - Concello de Oleiros

O próximo venres, 6 de abril, ás 19:30 h, no auditorio da Fábrica, haberá unha charla aberta dirixida ás familias titulada: Redes sociais e adolescencia. Qué está pasando??

O contido desta charla non é de ciberseguridade na rede como outras similares que se organizaron e se están a impartir polos centros educativos, está enfocada aos comportamentos e as relacións que manteñen os rapaces e as rapazas nesa idade tan importante da vida como é a adolescencia, na que configuran a súa personalidade e identidade, así como as súas crenzas.

As redes sociais están a xogar un papel moi importante, posiblemente sexa un dos elementos de socialización mais importantes para eles e elas hoxe en día, polo que as familias debemos coñecer de cerca que hai detrás, que esta a pasar nas relacións que manteñen a través deses canais, como inflúen na súa vida, no seu desenvolvemento, nas relacións entre iguais e coa súa familia.

Pensamos que esta charla aberta pode acercarnos a coñecer mais de cerca unha realidade da que non somos conscientes ou descoñecemos gran parte dela. Para iso imos contar coa presenza de dúas especialistas nesta materia, Virginia Pañeda e Sara Vierna, educadoras especialistas en redes sociais, xénero, intelixencia emocional e coaching educativo, que nos acercarán á realidade que están a vivir as nosas fillas e os nosos fillos nestes momentos nas redes.

Unha charla dirixida ás familias de nenos e nenas en idade da adolescencia pero tamén das etapas anteriores, debemos ter información para prever moitos dos problemas que poden chegar no futuro. Hoxe en día gran parte do alumnado dos cursos de primaria xa é usuario e usuaria de redes sociais e teñen teléfonos móbiles, polo que a información é a mellor forma de prevención.

Agardamos que sexa do voso interés!! 

Concellería de Servizos Sociais e Sanidade

 

Distribuir contido

Back to top