PRAZO PARA SOLICITAR COMEDOR E MAÑANCEIROS PARA O CURSO 23-24

SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 22-23 | CEIP Francisco Vales  Villamarín

Hoxe, luns, dia 12 de xuño, o Concello de Betanzos abre o prazo para a renovación da praza no servizo de comedor escolar. Como o curso anterior, as persoas usuarias do servizo, teñen a praza asegurada, sempre e cando presenten a solicitude en tempo e forma.

Ao remate deste primeiro prazo,  abrirase o correspondente para a presentación das solicitudes de novo ingreso.

  • reserva de praza (alumnado que asistiu o curso anterior): do 12 ao 19 de xuño,  ambos incluidos.
  • nova solicitude (alumnado que solicita o servizo por primeira vez): de 20 ao 27 de xuño, ambos incluidos.

Pode ver a información completa PREMENDO NA IMAXE.