BANCO DE LIBROS ANPA O CARREGAL DO IES FRANCISCO AGUIAR

Banco de libros - Home | Facebook

Esta información vai dirixida ás familias do alumnado de 6º de primaria do CEIP Vales Villamarín, que durante este curso 2020/21 foron socias da Anpa Brigantium e que para o vindeiro curso, teñen pensado seguir estudando no IES Francisco Aguiar. 

A Anpa O Carregal (Anpa do IES Francisco Aguiar) xestiona un Banco de libros propio, se estades interesados en participar no mesmo para o curso 2021/22 deberedes facer o seguinte, antes do 31 de xullo do 2021:

-         

Cubrir a ficha de inscrición que atoparedes na nosa web www.anpaocarregal.org no apartado Asóciate (É moi importante que cubrades os datos do e-mail e do teléfono porque será a forma de comunicarnos con vos)

-         

Ter pagada a cota de socia da Anpa Brigantium do curso 2020/21

-         

Enviar a ficha de inscrición cuberta, o xustificante de pago da Anpa O Carregal para o curso 2021/22 e o xustificante do pago da cota da Anpa Brigantium do curso 2020/21 por e-mail a info@anpaocarregal.org

 

A finais de agosto, poñerémonos novamente en contacto con vos a través de e-mail para que cubrades a solicitude dos libros que precisedes.

Para calquera dúbida, podedes poñervos en contacto con nós a través do mesmo e-mail, do teléfono 604 03 98 67 ou do noso facebook (Anpa O Carregal- IES Francisco Aguiar)

Desexando que esta información sexa do voso interese, envíavos un afectuoso saúdo:

 

                                                                                                     A Xunta Directiva da Anpa O Carregal