AVISO ÁS FAMILIAS DE ALERTA LARANXA

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, dende as 15 horas en adiante (aproximadamente) do venres 3 de febreiro de 2017, por refachos de vento superiores aos 90-100 km/h que afectarán a toda Galicia.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou a suspensión das actividades no exterior a partir das 15.00h (tanto escolares como extraescolares) das instalacións do centro escolar situados en tódolos concellos de Galicia.

Polo tanto, quedan suspendidas as actividades extraescolares do venres, día 3 de febrero de 2017.