blogue depaula

AS XUBIVALES VOLVEN AO COLE

As Xubivales, antigas mestras do cole, volven a Infantil para interpretar unha nova obra de teatro titulada "A cabuxa do cebolar". O espectáculo estivo acompañado por unha intérprete de linguaxe de signos.

Clicade na imaxe para ver un pouquiño do espectáculo!!

UNHA VELLA TIÑA UN CAN

Os nenos e nenas de 6ºB de Infantil estan feitos uns actores e actrices fantásticos!! Representaron a obra de teatro "Unha vella tiña un can" para as súas familias e os seus compis de infantil. Premede na imaxe e veredes!!

LETRAS GALEGAS 2023

Estes días estivemos coñecendo a figura de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado este ano no día das Letras Galegas. Fixemos unha chea de actividades, aquí vos deixamos unha pequena mostra...

PREMEDE NA IMAXE

Non deixedes de visitar o blogue de dinamización da lingua para coñecer máis cousas sobre Don Paco!

CIEC

Hai uns días a rapazada de 6º de Primaria visitou a igrexa de Santa María do Azougue, onde prestou moita atención ás explicacións de Julián, ex profesor do IES Francisco Aguiar. A continuación, foron ao CIEC onde intentaron reproducir o visto na igrexa.

PREMEDE NA IMAXE!

HORTO AROMÁTICO

Os nenos e nenas de 6º de Infantil visitaron Primaria para facer un percorrido polo horto aromático da man dos seus responsables, a rapazada de 6ºE.

CLICADE NA IMAXE

CHARLA ENFERMIDADES RARAS

Nenas e nenos de 2º de Primaria a través do conto de Federito, un trevo de 4 follas, aprenderon un pouquiño sobre que é iso das enfermidades raras.

 

MUSEO AS MARIÑAS

Hai uns días, alumnado de 2º e 4º de Primaria visitou o Museo das Mariñas, para coñecer un pouco da historia da nosa vila e aprender sobre o traxe galego. Botádelle unha ollada ao vídeo!!

premede na imaxe

DÍA DA LINGUA INGLESA

Hai uns días, o 25 de abril, conmemorouse o Día da Lingua Inglesa. Dende a biblioteca de infantil organizáronse contacontos e un obradoiro para aprender as partes da cara en inglés.

premede na imaxe!

1º VISITA A GRANXA DE BELELLE

A cativada de 1º visitou a granxa escola de Belelle. Alí fixeron distintos obradoiros: elaboración de pan, dar de comer aos animaliños e pasárono en grande montando en poni! Botádelle unha ollada ao vídeo!!

Distribuir contido