blogue depaula

VENDIMA en 3º E. PRIMARIA

O venres a rapazada de 3º de Primaria celebrou a festa da vendima no cole. Levou a cabo todo o proceso para obter o mosto da uva. Botádelle unha ollada ao vídeo premendo na imaxe!

PERÍODO DE ADAPTACIÓN SUPERADO

Os nenos e nenas de 4º de Infantil están de noraboa por ter superado con éxito o período de adaptación ao cole!

Moi ben feito!!!

FIN DE ETAPA

O alumnado de 6º de E. Infantil e de 6º de E. Primaria celebrou estes días a festa de fin de etapa.

Aquí vos deixamos as fotos de familia dos distintos grupos.

INFANTIL

PRIMARIA

Se queredes visualizalas máis grandes visitade a  GALERÍA DE IMAXES

PASEO ATA OS CANEIROS

Ao longo de varias xornadas os nenos e nenas de 6º de Primaria foron ata o campo dos Canerios na lancha municipal Diana Cazadora. Durante a viaxe gozaron do paseo e aprenderon algunha cousiña que lles foi contando Elena, a técnico de turismo do Concello.

PREMEDE NA IMAXE!

PDI PORTUGAL E MÉXICO

Deixámosvos aquí os presentacións de Portugal e México, para que vexades todo o que traballaron e aprenderon, ao longo deste curso, os nenos e nenas de 1º e 4º de Primaria.

PREMEDE NAS IMAXES PARA VER OS TRABALLOS!

XORNADA DE XOGOS NAS PISTAS

O alumnado de 1º a 5º de Primaria gozou dunhas xornadas de xogos nas pistas deportivas do Concello, organizadas polos mestres de Educación Física. Botádelle unha ollada ao vídeo!

PDI ÁFRICA

Os nenos e nenas de 2º de Primaria queren compartir con vós o traballo de todo o ano, onde aprenderon un montón de cousas sobre África.

CLICADE NA IMAXE

Lembrade visitar o PDI DIVERSIDADE CULTURAL no blog de Leo e Mariña para ver outros traballos dos compañeiros e compañeiras do cole!!

CONTACONTOS 5º

Un grupo de nenas de 5º de Primaria representou para os nenos e nenas de 2º unha adaptación do conto "As princesas tamén se tiran peidos". Moitas grazas, chicas!!! Sodes unhas artistas!

PREMEDE NA IMAXE!

EXCURSIÓN FIN DE ETAPA

O alumnado de 6º de Primaria celebrou o Fin de Etapa nunha excursión ben completiña... Pasárono xenial cos xogos, na piscina, no cine...

Premede na imaxe

RAPEANDO NO VALES

A rapazada de 4ºC de Primaria está a piques de se converter en "Estrelas da Música". Mirade que rap compuxeron para aprender as preposicións... Están feitos uns artistas!!

Distribuir contido