Skip to Content

Secretaría

Período de adaptación

Período de adaptación para o alumnado que entra no colexio o vindeiro ano académico 2020-2021 no curso 4º de Educación Infantil (3 anos).

Este horario estará condicionado por calquera instrución publicada pola Xunta de Galicia.

Horario (prema aquí)

Formalización da matrícula

O prazo para a formalización da matrícula é do 1 ao 10 de xullo e é obrigatorio este proceso para o alumnado de nova incorporación ao centro educativo.

Documentación a entregar:

  • Anexo III (prema aquí)
  • 2 fotografías tamaño carné
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Fotocopia do libro de vacinas ou informe médico que indique que están ao día
  • Fotocopia dos documentos de identidade das persoas proxenitoras e do alumnado, no caso de que o teña
  • Se é o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador da custodia da ou do menor

Xunto cos documentos fotocopiados deben vir os orixinais para que poidan ser cotexados.

Axudas de libros, axudas de material e fondolibros

Dende hoxe e ata o 19 de xuño está aberto o prazo para solicitar as axudas de libros, axudas de material escolar e fondolibros. Preferiblemente realizarase o trámite de xeito telemático; no caso de presentar a solicitude no colexio é IMPRESCINDIBLE solicitar CITA PREVIA no teléfono 886 11 02 71.

No caso do alumnado de 6º de EP que vaia presentar a solicitude de xeito presencial, deberá facelo no instituto no que foron admitidos.

 

Enlace para realizar a xestión telematicamente: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

Resumo da Orde do 12 de maio que regula o  proceso (premer aquí)

Orde do 12 de maio que regular o proceso (premer aquí)

No caso da presentación no colexio, é necesario cubrir o "Anexo I e II" (premer aquí)

Anexo I e II: modelo cuberto a modo de exemplo (premer aquí)

Adaptación das Programacións Didácticas 2019-2020

A partir da información presente nas Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, expóñense a continuación as adaptacións das programacións didácticas do presente curso escolar para seren desenvolvidas no terceiro trimestre.

 

Adaptación E. Infantil (preme aquí)

Adaptación 1º EP (preme aquí)

Adaptación 2º EP (preme aquí)

Adaptación 3º EP (preme aquí)

Adaptación 4º EP (preme aquí)

Adaptación 5º EP (preme aquí)

Adaptación 6º EP (preme aquí)

Axudas de comedor escolar

Adxuntamosa Orde do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola consellería de educación durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia  do  COVID-19,  co  levantamento  dos  prazos  de  suspensión  do procedemento (código de procedemento ED601B).

Premer no documento adxunto.

A data límite é o 6 de abril

Admisión alumnado 2020-2021

PROCESO DE ADMISIÓN

 

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

Instrucións (prema aquí)

Admisión alumnado 2020-2021

PROCESO DE ADMISIÓN

 

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

Instrucións (prema aquí).

Xornada de Portas Abertas

Por fin chegou a Xornada de Portas Abertas ao Cole de Tirán!

Os próximos 27 de febreiro e 4 de marzo ás 16.30

Non perdades esta oportunidade de coñecernos!

A profe Pilar en Canadá

A semana pasada a profe Pilar Sánchez contou a súa experiencia en Canadá co programa PIALE no Faro de Vigo. Podedes ler o artigo completo premendo aquí. Non volo perdades!

Distribuir contido


by Dr. Radut