Polos creativos

ROBÓTICA BEEBOT

Durante unha sesión os nen@s puideron desfrutar traballando con un novo amigo, o robot Bee Bot.

A través desta actividade, os pequen@s avanzan en nocións de direccionalidade, conteo, relacións número-cantidade, vocabulario do día a día, orientación espacial… por medio do xogo.

 

Ainda que ao principio nos resultaba un pouco complexo, ágora xa comezamos a ser expertos.

 

SCORNABOT: A vendima

 Na sesión semanal que temos de robótica, levamos a cabo a presentación dun novo robot: O ESCORNABOT

 

A través do xogo, con este recurso, traballamos entre outros aspectos a direccionalidade, a orientación espacial, a lateralidade, a resolución de problemas, a lectura de códigos QR e como non, todo o referente as fases da vendima, coñecendo vocabulario propio deste centro de interese.

 

 

 

 

ROBÓTICA: Ozobot e Rosalía de Castro

Para traballar a figura de Rosalía de Castro, dende a sesiòn semanal de robòtica, e aproveitando que estamos a coñecer un novo robot, “o robot máis pequeno do mundo” como os cativos afirman, pero que en realidade recibe o nome de Ozobot, recorremos o seu nome e a silueta da cara da protagonista, tendo en conta os còdigos de configuraciòn de Ozobot. Xa sabemos que sò camiña por liñas verdes, azuis, negras e vermellas, e que o misturalas o robot realiza diferentes acciòns. A continuación preséntanse as actividades desta xornada, ainda que en vindeiras publicaciòns veremos outras posibilidades de Ozobot.

 

 

 

COLAXE DE ROSALÍA DE CASTRO

O alumnado dende 1º a 6º de Primaria, elaborou un colaxe con material de refugallo para participar no concurso da Deputación de Pontevedra "A nosa Rosalía" nas categorías, Campaíñas (1º, 2º e 3º) e Airiños (4º, 5º e 6º), respectivamente.

Preme na imaxe para ver de primeira man os traballos realizados.

 

23 DE FEBREIRO: Día de Rosalía de Castro

O 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía, e para conmemoralo, participamos nun obradoiro proposto dende o espazo maker da biblioteca, creando un paper circuit e unha figura en 3D de Rosalía. Así, con luces led, cinta de cobre e pila, demos vida ao seu legado de modo innovador.

 

OBRADOIRO DE CHAPAS EDUCACIÓN INFANTIL

O alumnado de Educación Infantil, chegado o Entroido, levou a cabo un obradoiro de chapas, no que os cativ@s elaboraron as mesmas para o seu disfrace de Xenerais do Ulla.

f728b921-3452-4bda-bdb9-b58c0444af63.JPG   9c3e03f4-d84b-45e0-b1ca-acfde9a7f47b.JPG   be3ee390-2620-46e1-a59b-46e0503a97bb.JPG

 67b1fcc1-0866-4e3b-baae-846c5843f831.JPG   ae004a83-70ed-40be-baa8-c30735bd5380.JPG

12a154f2-964f-4fac-8bf4-d865b606bcc4.JPG

 

ADORNOS DE NADAL

Ao longo do Nadal, e en relación co Proxecto Documental Integrado e os Polos Creativos, leváronse a cabo diferentes actividades de creación entre as que destacamos a realización de adornos de Nadal, empregando materiais de refugallo ou materiais propios dos diferentes oficios galegos. Unha vez elaborado o adorno, creouse un código QR para pegar na parte traseira do mesmo, o cal recollía a panxoliña de cada un dos grupos do centro, editando o vídeo en algúns dos casos co CROMA, un dos aspectos da formación do PFPP deste ano para o profesoradodo centro, e dándolle deste xeito un ambiente máis navideño.

 

      394dc9c8-e1e7-42e4-af9a-1e2ab8af27d8.JPG 

    5a38ebf7-57e0-492e-a18e-3b6e993ac1cc.JPG

 f3850bbd-907d-4745-9cb9-ca29a051e828.JPG    

 

 

 

OBRADOIRO DE CERÁMICA O ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Ao igual que os cativ@s de Educación Infantil o alumnado de 4º de Educación Primaria, coñeceu o oficio de alfareiro, convertíndose eles mesmos nos protagonistas das súas propias creacións,  relacionadas con unha das temáticas a traballar durante o desenvolvemento do PDI do centro "O entroido galego", que foron expostas e subastadas na "Feira da Alegría", e cuios beneficios foron destinados para a asociación  "Aúpa Deza".

Preme na imaxe para ver o desenvolvemento da actividade.

 

OBRADOIRO DE CERÁMICA PARA OS NEN@S DE EDUCACIÓN INFANTIL

O alumnado de Educación Infantil, tivo a oportunidade de participar nun obradoiro de cerámica impartido por Mar Barral, coñecendo deste xeito o oficio de alfareir@ e no que cada un deles tivo a oportunidade de crear a súa propia peza, dando resposta deste xeito a terminoloxía STEAM, no que se inclúe a arte, e polo tanto a fabricación de obxectos elaborados con arxila, moi empregada por estes artesáns galegos.

 

TALLER DE COIRO

Outro dos oficios galegos por excelencia, é o de curtidor. O alumnado de Educación Primaria estívose a formar, en aspectos que xiran entorno ao mesmo, para posteriormente, todo o aprendido trasladalo a propia práctica, dando resposta a competencia en conciencia e expresión culturales.

              

       

      

2812af13-3882-4343-ae3d-42e7955bf928.jpeg      

 5ee9cc59-e9bd-47e9-b550-bf7e17f9c2f0.jpeg     6e6ff5ae-d2d3-4b29-8e70-2510626140c0.jpeg     c5b8b22a-ffd4-4040-8a0c-5758d8dd2279.jpeg

 

OBRADOIRO DE SAN ANDRESIÑOS

Os rapaces e rapazas do terceiro ciclo de Educación Primaria, seguindo a temática do PDI "Galicia", crearon e elaboraron os seus propios San Andresiños (amuletos da boa sorte de San Andrés de Teixido), con arxila. Informáronse  previamente sobre a historia e significado dos mesmos e unha vez feitos,  vendéronse na feira anual que fai o centro , a denominada "Feira da Alegría" para obter fondos para  algunha asociación, neste caso "Aúpa Deza".

Preme na imaxe para ver o resto de imaxes do obradoiro.

 76620750-88f4-4b59-8ced-11e654198dd9.jpeg

MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

Ao longo do mes de Novembro,  celebrouse o mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Aproveitando que o PDI do centro este ano ten como temática central a Galicia, para conmemoralo organizáronse unha serie de obradoiros científicos, relacionados con algún dos campos da ciencia, no que destacaron mulleres galegas como Antonia Ferrín en astronomía, Ángeles Alvariño como científica, Aurora Grandal como paleoantropóloga ou Clotilde Fernández como fundadora dunha Compañía Electrica.

Estas actividades fomentan a curiosidade científica entre o noso alumnado, promovendo a aprendizaxe a través da experimentación e a exploración,.Leváronse a cabo catro experimentos:

1. "Fabricando planetas"

2. "A conductividade da auga salgada"

3. "Fósiles fantásticos"

4. "Circuíto eléctrico con plastilina conductora"

PROGRAMACIÓN CON SCRATCH

Empregando SCRATCH os nen@s crearon as súas propias historias, programando as accións a realizar por este gato e os seus amigos, así os diferentes protagonistas viviron diferentes aventuras, uns viaxaron ao espacio, outros ao fondo do mar e algúns ata a sabana.

A través do dominio de SCRATCH @s pequen@s desenvolven o pensamento lóxico, estimulan o fundamento da programación, fomentan a creatividade e o traballo en equipo e estimulan a persistencia contra os desafíos.

 

TOCA NO GATO PARA PODER VISUALIZAR O TRABALLO DOS PEQUECH@S DE EDUCACIÓN INFANTIL.

T

25 N - DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

 O día 24 de novembro, celebramos na escola o “Día Internacional Contra a Violencia de Xénero”, e en tódalas aulas se traballou sobre o conto  

“ Peúgo, o calcetín melenudo”, ao que lle deron voz, dúas mestras do centro.

Así, tamén se fixo uso de actividades interactivas, para traballar a comprensión e o recoñecemento de imaxes do conto, ás que podedes acceder dende as vosas casas nos seguintes enlaces:
 
É para rematar a celebración deste día os nen@s que o desexaron, participaron nun obradoiro, proposto dende a biblioteca do centro, de creación e elaboración do seu propio Peúgo, partindo dun calcetín e da súa propia imaxinación, e que á vez nos permite comezar a dar forma ao recén implementado nos centros "Polos creativos".
 
 
Podedes ver como foi o proceso de elaboración, premendo na seguinte imaxe.
 
 

OBRADOIRO DE ROBOTS MONSTRUOSOS

Durante a semana previa, a celebración do Samaín, levouse a cabo na biblioteca do centro, un obradoiro de creación de robots monstruosos, no que poideron participar tódolos nen@s. Durante o mesmo, realizaron a montaxe do circuíto eléctrico, para darlle movemento e posteriormente cada quen decorouno ao seu gusto.

Unha de moitas experiencias, neste novo Recuncho Maker.

PREME NO ROBOT PARA VER O DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE.

Robot 78: Happy Dance Animated GIF Robot | TIM

 

Distribuir contido