FEIRA DA ENERXÍA

O día 11 o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, acudiu á "Feira da enerxía", que tivo lugar na Semana Verde e na que realizaron diferentes actividades relacionadas coa temática.

Preme na seguinte palabra para acceder ás imaxes.

 

ENERXÍA

SAÍDA AO PAZO DE LIÑARES E AO MUÍÑO DE CUÍÑA

Os nen@s do primeiro ciclo de Educación Primaria, no derradeiro día do segundo trimestre, levou a cabo unha saída ao Pazo de Liñares e ao Muíño de Cuíña, descubrindo a actividade que cada un deles amosa ao público que alí se achega.

Preme na seguinte imaxe para ver o desenvolvemento da xornada.

 c7a7534a-0e08-47a1-8969-af770fea093b.jpeg

2 de abril: DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Como cada 2 de abril, dende o CEIP Plurilingüe de Silleda preténdese dar visibilidade as persoas con autismo, baixo o lema #AutismoCercaDeTi.

Entre as actividades que se levaron a cabo, salientar o photocall, cuio material para levalo a cabo foi proporcionado pola asociación do Autismo.

Fai click no símbolo para ver as imaxes do photocall.

Símbolo Del Infinito Autismo - Imagen gratis en Pixabay ...

SAÍDA AO MOSTEIRO DE CARBOEIRO E A FERVENZA DO TOXA

Como remate do 2º trimestre o alumnado do segundo ciclo de Educación Primaria, levou a cabo unha saída ao mosteiro de Carboeiro e a fervenza do Toxa, durante a cal comprobaron de primeira man, a beleza paisaxística e arquitectónica desta zona.

Preme na seguinte palabra para ver o resultado da visita.

 

CARBOEIRO

 

O CAMIÑO DE SANTIAGO

O alumnado de 5º e 6º de Primaria, posto que están a dar resposta ao programa "Vexo, vexo Xacobeo" do Plan Proxecta, e en estreita relación coa temática do Proxecto Documental Integrado do Centro, Galicia, percorreron un tramo do Camiño de Santiago, próximo ao centro.

Preme na imaxe para ver as outras fotografías.

f056c347-f725-4fe4-87ca-d41268dc0d10.jpeg

         

PLANTACIÓN NA CANTEIRA DE ROSENDE

O alumnado de 6º de Educación Primaria, participou nunha xornada de concienciación medioambiental promovida por Masaveu Industria S.L. Foron os protagonistas da plantación de árbores autóctonas na coñecida como canteira de Rosende.

Preme na seguinte imaxe para poder ver o resto da xornada.

0DFB55A3-BB3A-4583-869C-EEDD67025435.jpeg

OBRADOIRO DE CERÁMICA PARA OS NEN@S DE EDUCACIÓN INFANTIL

Os nen@s de Educación Infantil, tiveron a oportunidade de participar nun obradoiro de cerámica, impartido por Mar Barral, coñecendo deste xeito o oficio de alfareir@ e no que cada un deles tivo a oportunidade de crear a súa propia peza, dando resposta deste xeito á terminoloxía STEAM, no que se inclúe a arte, e polo tanto a fabricación de obxectos elaborados con arxila, moi empregada polos artesáns galegos.

O MANDIL POLO 8M

Neste 8M en honor as nosas avoas, que traballaron e loitaron tanto pola mellora do papel da muller na nosa sociedadeos cativ@s do colexio, trouxeron posto o 8M un mandil da muller máis importante para eles, e algúns ata un sombreiro de palla, atuendo moi típico das mulleres do noso rural.

Preme na imaxe para poder ver o desenvolvemento da actividade.

Ainda que, tendo en conta que este día é especialmente reivindicativo, os nen@s da aula 1 enfocárono doutro xeito, comprobádeo vós mesmos.

 

8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: AS AVOAS

Este ano no centro estamos inmersos nun centro de interese como é Galicia, e en Educación Infantil e en relación con este último, no Programa Mestres Gandeiros do Plan Proxecta.

Para elo durante este 8M, levaronse a cabo numerosos agradecementos a unhas das mulleres máis importantes da vida dos cativ@s, as súas avoas, persoas traballadoras e loitadoras onde as haxa, moitas delas do noso campo galego.

Así os nen@s do grupo 6 adicáronlle esta bonita homenaxe as súas propias.

Preme na imaxe para comprobalo de primeira man.

 

CONTACONTOS "SÚPER AVOÍÑA"

 O xoves 7, como unha das actividades conmemorativas previas ao Día Internacional da Muller, a editorial Anaya, agasallou aos nen@s de Educación Infantil cun contacontos a cargo de David Rodríguez, autor do libro que leva por título “Súper Avoiña”.

23 DE FEBREIRO: Día de Rosalía de Castro

O 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía, e para conmemoralo, participamos nun obradoiro proposto dende o espazo maker da biblioteca, creando un paper circuit e unha figura en 3D de Rosalía. Así, con luces led, cinta de cobre e pila, demos vida ao seu legado de modo innovador.

ENTROIDO 2024

O pasado 9 de febreiro, celebramos na escola o Entroido. A temática deste ano, facía referencia ao Proxecto Documental Integrado "Galicia",  en concreto o centro de interese foi o entroido galego. Así, puidemos ver aos Xenerais do Ulla, aos Volantes de Chantada, aos Peliqueiros, ás Pantallas, ao loro Rabachol e o home dos cornos de Merza.

Para poder ver algunha das imaxes do desenvolvemento da xornada premede na seguinte imaxe.

Admisión de alumnado para o curso 2024-2025

De conformidade coa Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 1 de marzo de 2023 inícianse os trámites do procedemento de admisión (modelo ED550B).

Prazo:

- Admisión alumnado: do 1 ao 20 de marzo de 2024.

Nos documentos adxuntos poderán acceder á circular informativa, aos impresos de admisión (Anexo II e Anexo II bis) á Orde de admisión, ao Decreto de admisión e ao calendario do procedemento de admisión e matrícula.

VISITA DOS BALDREUS DE SILLEDA

O xoves 8, tivemos unha visita un tanto especial dos Baldreus de Silleda, durante a cal algúns dos integrantes desta formación ataviados coas roupas e complementos propios deste disfraz, fixeron unha demostración da actividade que eles mesmos levan a cabo, no entroido.

A seguinte imaxe redireccionaravos as imaxes da sesión, preme nela.

Banda de Música Municipal de Silleda

VISITA DE ANXO MOURE

 O martes 2 de febreiro, visitou o colexio, como todos os anos, Anxo Moure, unha xornada diferente e chea de risos e  ledicia.  

Comprobádeo vos mesmos vendo as imaxes da xornada facendo click no seu nome.

ANXO MOURE

VISITA DOS XENERAIS DE MERZA

Este ano, @s cativ@s de Educación Infantil, disfrazáronse de "Xenerais do Ulla", posto que a temática elexida dende o centro foi o entroido galego. Por iso, nos días previos a celebración, viñeron a escola, a mamá e a tía de dous nenos da escola, que forman parte dos  Xenerais do Ulla en Merza, para explicarnos, a composición do seu traxe, así como aspectos de interese, relacionados co mesmo.

Preme na seguinte imaxe para ver o desenvolvemento da actividade.

Xenerais da Ulla, Fiesta de Interés Turístico de Galicia

MENÚ COMIDAS GALEGAS

A continuación amósase o menú referente ás comidas galegas do día 26 de xaneiro,  presentado ao resto de alumnado do centro, polos nen@s de 4º de Educación Primaria.

1º PLATO: Chocos fritos

2º PLATO: Churrasco

SOBREMESA:  Rosquillas

                      

          

 

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS (alumnado 6º de Ed. Primaria)

O alumnado do CEIP Plurilingüe de Silleda que desexe formular a reserva de praza para a ESO, ten o prazo aberto.

O centro adscrito é: IES Plurilingüe Pintor Colmeiro (Silleda).

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro. As solicitudes poden tramitarase a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o formulario en papel ou a través da aplicación admisionalumnado no menú:
Solicitudes > Reserva > Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

Nos seguintes documentos adxuntos poderán acceder aos modelos de solicitude.

CONCURSO E POSTAIS DE NADAL

Este ano desenvolveuse no centro un concurso de postais de Nadal, elixindo unha gañadora para a etapa de Educación Infantil e outra para a etapa de Educación Primaria. Presentamos a continuación as vencedoras, e con elas todo o equipo docente vos desexa un BO NADAL e un PRÓSPERO ANO NOVO.

Vémonos en Xaneiro!

 

EDUCACIÓN INFANTIL

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

A continuación establécense as recomendacións lectoras para este Nadal nun documento adxunto.

 

 

 

Distribuir contido