De conformidade coa Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 1 de marzo de 2023 inícianse os trámites do procedemento de admisión (modelo ED550B). Prazo: - Admisión alumnado: do 1 ao 20 de marzo de 2024. Nos documentos adxuntos poderán acceder á circular informativa, aos impresos de admisión (Anexo II e Anexo II bis) á Orde de admisión, ao Decreto de admisión e ao calendario do procedemento de admisión e matrícula. |
|||
O alumnado do CEIP Plurilingüe de Silleda que desexe formular a reserva de praza para a ESO, ten o prazo aberto. O centro adscrito é: IES Plurilingüe Pintor Colmeiro (Silleda). Prazo de presentación de solicitudes: desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro. As solicitudes poden tramitarase a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado. As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o formulario en papel ou a través da aplicación admisionalumnado no menú: Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación. Nos seguintes documentos adxuntos poderán acceder aos modelos de solicitude. |
|||
INSTRUCCIÓNS PARA CUBRIR CORRECTAMENTE O ANEXO II MODELO DE AUTODECLARACIÓN: A renda neta per cápita familiar obterase como resultado de realizar os seguintes cálculos en base á declaración da renda do exercicio 2022: 1. Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible do aforro. 2. Deste resultado restarase a cota líquida resultante da autoliquidación. Segundo isto, a renda familiar para os efectos da autodeclaración é o resultado da facer as seguintes operacións coa declaración do IRPF: casiña 435 + casiña 460 – casiña 595 O resultado obtido dividirase polo número de membros que forman parte da unidade familiar. O concepto de unidade familiar será o definido na normativa do IRPF.
Quen forma parte da unidade familiar 1. No caso de matrimonio, a unidade familiar está integrada polos cónxuxes non separados legalmente e: a) Os fillos menores, con excepción dos que, co consentimento dos pais, vivan independentemente destes. b) Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada. 2. En ausencia de matrimonio ou nos casos de separación legal, a unidade familiar está integrada polo pai ou pola nai e a totalidade dos fillos que convivan co pai ou coa nai e reúnan os requisitos da modalidade anterior.
Aclaracións para determinar correctamente a renda anual familiar Para determinar a renda anual familiar hai que sumar as rendas obtidas por todas as persoas que integran a unidade familiar. Nesta operación poden presentarse varias situacións: 1. Unidades familiares nas que ambos cónxuxes, ou calquera outro integrante dela, perciben rendas e teñen a obriga de presentar a declaración anual do IRPF. Neste caso, o importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, que se obterán de cada declaración, se foron presentadas individualmente -que é o habitual- ou ben, da declaración conxunta. 2. Unidades familiares nas que ambos cónxuxes perciben rendas pero só un deles ten a obriga de presentar a declaración. Neste caso, a obtención do importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, para o membro da unidade que presentase declaración do IRPF máis o importe que resulte para o outro integrante da unidade familiar que non presentou declaración do IRPF, segundo os seus datos fiscais que deberá para realizar o cálculo dos seus ingresos, sumar os importes das casiñas correspondentes a (retribucións dinerarias) e (intereses) e restar os importes das casiñas correspondentes a (cotizacións seguridade social), (retencións procedentes do traballo) e (retencións procedentes do capital mobiliario). 3. Cando ambos cónxuxes perciban rendas pero non teñan a obriga de presentar declaración da renda ou ben cando o cónxuxe ou os cónxuxes non perciban renda ningunha suxeita a tributación do IRPF. Nestes supostos, os interesados deberán consignar os seus datos fiscais do mesmo xeito que no especificado no apartado anterior para os membros que non presentase declaración do IRPF. |
|||
|
|||
De seguido expóñense as recomendacións lectoras, que dende a biblioteca se propoñen para este verán. |
|||
A continuación, preséntase a revista escolar para este curso académico 2022/2023, que está a piques de rematar. Nela refléxanse actividades realizadas ao longo do curso escolar, tanto por parte do profesorado coma do alumnado.
|
|||
|
|||
No seguinte arquivo adxunto poderán acceder ao plan dixital de centro. |
|||
|
|||
As persoas interesadas en colaborar no vindeiro curso escolar 2023/2024 nas tarefas de comedor escolar poderán formalizar a súa solicitude achegando o documento que poden descargar premendo aquí.
|
|||
No seguinte enlace podedes acceder a diversa información relacionada coa ANPA
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6