Saídas |
Este mes de xuño, foi un mes de moitas saídas, e por iso os rapaces e rapazas do segundo ciclo de Educación Primaria, fixeron unha a Vilagarcía de Arousa, onde puideron mariscar e dar un paseo no tren turístico para coñecer un pouco da cidade. Fai Click no nome para acceder ao contido da saída. |
|||
|
|||
O alumnado de Educación Primaria, realizou unha saída didáctica ao "Castro Deza" de Lalín, espazo museográfico baseado nas novas tecnoloxías, atractivo e innovador, orientado a conservación, divulgación e posta en valor do rico patrimonio paisaxístico, cultural e gastronómico que atesoura a nosa comarca. Alí os cativ@s puideron experimentar a cultura castrexa dun xeito diferente. Preme no nome do lugar para comprobar o desenvolvemento da actividade.
|
|||
O día 11 o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, acudiu á "Feira da enerxía", que tivo lugar na Semana Verde e na que realizaron diferentes actividades relacionadas coa temática. Preme na seguinte palabra para acceder ás imaxes.
|
|||
|
|||
Como remate do 2º trimestre o alumnado do segundo ciclo de Educación Primaria, levou a cabo unha saída ao mosteiro de Carboeiro e a fervenza do Toxa, durante a cal comprobaron de primeira man, a beleza paisaxística e arquitectónica desta zona. Preme na seguinte palabra para ver o resultado da visita.
|
|||
O alumnado dos grupos 1, 4, 5 e 6 seguen a coñecer os servizos cos que conta Silleda, a súa localidade,como parte do PDI do centro "Galicia", sendo outro de eles a biblioteca municipal “Daniel Castelao”. Onte desprazáronse ata a mesma, para coñecer as súas instalacións e posteriormente desfrutar da actividade proposta dende este espazo, a cal lle dou forma Raquel Queizás, contadora de contos e actriz. Unha vez rematada a función, na sala infantil, fíxose entrega do carnet de soci@ aos cativ@s.
|
|||
|
|||
|
|||
O día 9 deste mes, os cativ@s de Educación Infantil, desprazáronse ata Outeiro de Rei (Lugo), para desfrutar dunha xornada no Parque Zoolóxico Marcelle Natureza, un parque natural que ten como obxectivo concienciar sobre como respectar e protexer a fauna e flora silvestre e conservar a natureza. Os animais que se aloxan no parque natural, proceden de outros zoos, centros de recuperación ou centros de rescate. Fai click na palabra clave MARCELLE |
|||
Os nen@s do segundo ciclo da Educación Primaria, como actividade complementaria, levaron a cabo unha saída ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro. Durante a visita, viron numerosos petroglifos, no Outeiro dos Cogoludos sentiron a maxia dos labirintos, no poboado da Idade de Bronce, comprobaron de primeira man recreacións de cabanas, estructuras de almacenamento e cercados para os animais, que empregaban os nosos antepasados e como colofón final realizaron diferentes obradoiros. PREME NA IMAXE PARA COMPROBAR A EXPERIENCIA.
|
|||
Os alumnos/as de 3º e 4º de Educación Primaria visitaron a Fundación Abanca en Santiago, onde realizaron diversos obradoiros. Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos: https://drive.google.com/drive/folders/1Ym6MHrsTSsGa5zPmJi1lL6E_hxxlDafD... |
|||
O grupo "Cascanueces" representou na Casa de Cultura a sesión de títeres titulada "Unha armadura de ferruxe". Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos: https://drive.google.com/drive/folders/1zCtd7y79X70lkhnRww9SDFknYds8TY9l...
|
|||
Os alumnos/as dos grupos 4 e 5 visitaron a Residencia de Maiores de Silleda. Preme na ligazón para ver as fotos. |
|||
O alumnado de 3º de Primaria realizou unha saída a Piloño. Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:
|
|||
O alumnado de 4º, 5º e 6º puido disfrutar dunha saída ao Grove e Portonovo. Visitaron a Lonxa e a Praza de Abastos de Portonovo (grazas o programa "O sabor da aventura está no mar"), a Illa da Toxa e o Acuario do Grove, ademais realizaron unha viaxe en catamarán. Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos: |
|||
O alumnado de 1º de Primaria realizou unha saída ao Museo do Mel. Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos: |
|||
Esta semana o alumnado do centro visitou a Feira da Semana Verde de Galicia e realizou diversos talleres. Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:
|
|||
Os rapaces e rapazas de 2º de Primaria realizaron unha saída ao Ecoparque Atalaia, en Cotobade. Ademais de coñecer este lugar realizaron varias actividades e obradoiros. |
|||
O pasado 3 de abril o alumnado de 3º e 4º de Primaria realizou unha saída ao Museo do Mel. Aquí podedes ver as imaxes de todo o que aprenderon e disfrutaron da saída. Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:
|
|||