SAÍDA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

O alumnado dos grupos 1, 4, 5 e 6 seguen a coñecer os servizos cos que conta Silleda, a súa localidade,como parte do PDI do centro "Galicia", sendo outro de eles a biblioteca municipal “Daniel Castelao”.

Onte desprazáronse ata a mesma, para coñecer as súas instalacións e posteriormente desfrutar da actividade proposta dende este espazo, a cal lle dou forma Raquel Queizás, contadora de contos e actriz.

Unha vez rematada a función, na sala infantil, fíxose entrega do carnet de soci@ aos cativ@s.