|
|||
O 30 de Xaneiro, conmemorouse no centro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Para dar resposta a dita actividade, os nen@s, aproveitando que nos atopamos dando a volta ao mundo, coñeceron a historia xaponesa de " Sadako y las mil grullas de papel", para posteriormente decorar o centro con grullas de origami, feitas nas aulas e no obradoiro que se realizou dende a biblioteca. Preme na imaxe para ver o traballo realizado. |
|||
A semana que ven celebraremos na escola o Entroido. A continuaciòn, expóñense os mandados que o noso meco especial (Roboletra, mascota da biblioteca), nos deixa para os vindeiros días. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!
|
|||
Esta semana, coa inminente chegada do Entroido, os nen@s do centro, tiveron a oportunidade de acudir a ver unha exposición, coa súa pertinente explicación, na ludoteca do centro, sobre máscaras do entroido galego, portugués e de Cerdeña, levada a cabo da man de Seixas. Preme na imaxe para poder ver a exposición.
|
|||
Os cativ@s de 3º de primaria, celebraron este venres, o Aninovo chino, posto que é a China o país no que ten que facer maior fincapé dito nivel, dentro do Proxecto Documental Integrado do centro "A volta ao mundo en 80 días". |
|||
|
|||
|
|||
Os nen@s do centro tiveron a oportunidade de participar no taller "Toca, toca" de Miguel Santamaría. Durante o desenvolvemento do mesmo, os cativ@s puideron coñecer diferentes xeneralidades dos artròpodos e tocar dende insectos folla a tarántulas.
|
|||
Querido Papá Noel: Velaquí algunhas ideas para gozar do mellor agasallo, o tempo en familia. BO NADAL! Con agarimo, Roboletra (mascota da biblioteca). |
|||
O venres día 2, os nen@s de 5° e 6° de Educaciòn Primaria, levaron a cabo unha saída a Medelo, durante a cal realizaron diferentes talleres en colaboración con COGAMI.
|
|||
|
|||
Os nen@s de 5º e 6º de Educación Primaria visitaron, o martes día 8, a casa - museo de Rosalía de Castro, sita en Padròn. Nesta casa, pasou Rosalía, os seus últimos anos de vida. Actualmente é un museo, a través do cal o alumnado, fixo un percorrido polos acontecementos que marcaron a vida desta ilustre muller e escritora indispensable no panorama literario galego.
|
|||
Este luns 7 de novembro, saíu a listaxe definitiva de centros admitidos para participar no Plan Proxecta+ durante o curso 2022/23. Dentro deste Plan, o noso centro foi seleccionado no programa “Proxectos de Vida Activa e Deportiva (PVAD)” que ten como finalidade axudar aos centros a elaborar o seu proxecto de vida activa e deportiva, abordando a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a través do incremento, dentro e fora do horario lectivo, da carga real de actividade física que realiza o alumnado. Para a súa consecución, temos planificadas gran variedade de actividades, como por exemplo: - Patios activos e divertidos. - Participación en distintas modalidades de XOGADE. - Xornadas con actividades físicas e lúdicas en celebracións coma a Semana do Peón, o Magosto... - Sesións teórico-prácticas de RCP e atragoantamento en EP. - Andainas pola contorna. - Milla diaria. - Promoción de actividades físicas a través do blog de EF. - Charlas sobre alimentación saudable.
* No blog de Educación Física podedes seguir as actividades que imos realizando. https://educacionfisicasilleda.blogspot.com/
|
|||
|
|||
Este curso académico 2022 - 2023 poderedes descubrir as andanzas das nenas e nenos de Educación Infantil, a través da posta en marcha dun blog educativo, no que se reflexarán diversas experiencias e actividades do proceso de ensino - aprendizaxe dos máis cativos. Para acceder ao mesmo podedes facelo premendo na seguinte imaxe. |
|||
Este ano creamos un blog para que non vos perdades nada das actividades deportivas que se leven a cabo tanto no centro como fóra. Nel podedes mantervos informados das propostas de xogos/actividades durante os patios, das competicións internas do cole, das probas deportivas que se celebren nos arredores, enlaces á prensa deportiva e moitas cousas máis. Para acceder a el podedes facelo de diferentes formas: 1. Escribindo na barra de direccións: www.educacionfisicasilleda.blogspot.com 2. Escribindo no buscador: Educación Física CEIP Silleda 3. Pinchando sobre a seguinte imaxe
ANIMÁDEVOS A VISITALO!!!!! |
|||
DÍAS PARA O INICIO DO CURSO 2022-23 Xoves, 8 de setembro: Inicio das clases en Ed. Primaria e Ed. Infantil. Entradas ao centro: A entrada do alumnado ao centro realizarase do seguinte xeito: A) Alumnado transportado: Accederá polo portalón principal de acceso ao centro (avenida do Recinto Feiral). B) Alumnado non transportado: Accederá polo portal situado preto das instalacións da gardería “Galiña Azul (rúa da Estación). Este portal abrirase ás 8:45 horas. O alumnado de Ed. Infantil das aulas 1,4,5 e 6 entrarán pola porta a carón do edificio de Ed. Infantil. Saídas do centro: A saída do alumnado farase como segue: A) O alumnado, que saia ás 13:55 horas, farao polo portalón principal de acceso ao centro, agás o alumnado dos grupos 1,4,5 e 6 de ed. infantil que o farán pola porta de infantil. B) O alumnado, non transportado no autobús escolar, que saia ás 14:50 horas, sairá polo portal situado preto das instalacións da gardería “Galiña Azul.
No seguinte enlace poderán acceder a unha importante información sobre o inicio de curso. Enlace: https://www.dropbox.com/s/g54r880opqo9jgc/Informacion_familias1.pdf?dl=0 |
|||
No día de hoxe celebramos a festa de remate do presente curso escolar con inchables e variados xogos para todos/a.
|
|||
Premendo AQUÍ poderás visualizar as representacións realizadas polo alumnado do centro con motivo da celebración do día do Paraugas Literario. Os diferentes grupos interpretaron xéneros tales como: poesía, narrativa, teatro, etc., facendo gala da súa posta en escena. |
|||
Como dinámica integrada dentro do proxecto de saúde no que participa o noso centro, o alumnado de 6ºB levou a cabo un almorzo saudábel no cal traballamos a concienciación sobre este tipo de hábitos. Logo de calcular as cantidades e o tipo de nutrientes que precisamos nesta primeira franxa horaria, o alumnado realizou a compra dos produtos acordados nalgúns dos establecementos da vila, rematando co almorzo ao día seguinte. Podedes consultar máis IMAXES premendo aquí e na historia destacada de “saúde”.
|
|||