blogue deveronicasimon |
O alumnado do centro participou nun programa especial de radio, en colaboración con Radio Estrada, polo día das Letras Galegas, que este ano 2024, se lle adica a Luisa Villalta. Premede no nome da autora para escoitalo.
|
|||
Partindo dunha caixa de zapatos de cartón e despois da visita ao acuario da Coruña, os máis pequenos do cole, decidiron construir o seu propio acuario.
|
|||
Entre as tarefas que tivemos que levar a cabo atopámonos coa creación de letreiros para a maqueta de Galicia coa impresora 3D. Para comezar o traballo con esta ferramenta profundizouse no seu modo de uso, formando a coordinadora ao alumnado interesado. Traballamos co programa Tinkercad e Creality para realizar o deseño dos letreiros.
|
|||
O noso producto final empeza a tomar forma. Así, esta maqueta recolle o traballo anual que se levou a cabo no centro relacionado co Proxecto Documental Integrado, e para o que no seu desenvolvemento tivo certa relevancia este curso os Polos Creativos, traballando da man todas as coordinacións do centro, para así poder chegar a un obxectivo común : coñecer a nosa comunidade. Pero, para dar forma a este traballo, temos que facer un recollecemento a todo o alumnado e profesorado que se prestou a participar en tal fin. Posto que para ir chegando a esto, pasamos por diferentes fases de traballo coma por exemplo, o emprego de lápices 3D para elaborar as frechas, ou os nomes das provincias,
|
|||
Os rapaces e rapazas de 6º de Educación Primaria, estiveron a indagar sobre a cultura castrexa en Galicia. Unha vez que completaron a fase de indagación, levaron a cabo unha saída ao museo de Castro Deza en Lalín, onde interiorizaron determinadas estratexias que lle permitisen crear eles e elas o seu propio poboado castrexo, un traballo colaborativo, que complementaron coa creación do vídeo que se presenta a continuación. Preme na seguinte palabra para visionalo. |
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
En Galicia a horta de pequena extensión recibe tamén o nome de horto. Este ano no centro, puxemos mans a obra, e configuramos un, ao abeiro do programa "Mestres Gandeiros". Os cativ@s puideron coñecer aspectos referentes a esta temática, como cales adoitan ser os principais cultivos dos hortos e que podemos resumir en catro: hortalizas, verduras, legumes e, as veces, árbores froiteiras. Tendo en conta todo isto decidimos, reproducir en 3D, empregando o lapis 3D, algunha das prantadas, como por exemplo os tomates ou as cebolas.
|
|||
O día 8 de marzo, levouse a cabo na biblioteca do centro un obradoiro de chapas, no cal os maiores, guiaron a labor dos máis cativos en moitos dos casos.
|
|||
Deténdonos no estudo do litoral galego, empregamos as gafas de realidade virtual, para visualizar determinados aspectos do mesmo, baixo a sensación de estar inmerso nel, creando experiencias en primeira persoa, accesibles orixinariamente a través da experiencia directa co mundo real.
|
|||
Este curso, seguindo coa temática do Proxecto Documental Integrado, Galicia, o festival de entroido tivo como temática central o entroido galego. Para elo cada nivel, elaborou os seus propios disfraces, en moitos dos casos en colaboración coas familias, establecendo obradoiros nos que se foi confeccionando cada un dos traxes. Foron moitas as tarefas a realizar: uns coseron, outros deseñaron patróns, compuxeron máscaras...entre outras, e para algunhas precisamos materiais propios dos Polos creativos, como as pistolas de silicona, a máquina de chapas, a plotter de corte, a máquina de coser..., sendo o resultado o que a continuación se presenta. EDUCACIÓN INFANTIL: XENERAIS DA ULLA 1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA: VOLANTES DE CHANTADA. 2ºCICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA: PANTALLAS , PELIQUEIROS E MÁZCARAS DE MANZANEDA. 3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA: LORO RABACHOL DE PONTEVEDRA E O HOME DOS CORNOS DE MERZA.
|
|||
No entroido estivemos a traballar con outro robot diferente aos anteriores o Blue Bot, cuio funcionamento e moi similar ao BeeBot, aínda que conta con máis funcionalidades, permitindo controlar o mesmo dende a tableta.
|
|||
|
|||
|
|||
Unha das actividades propostas para seguir desenvolvendo o Programa “Mestres gandeiros”, dende as aulas 1,4,5 e 6, aproveitando que estamos inmersos en todo o relacionado co horto, e que serviu a vez, para desenvolver unha das actividades conmemorativas, sinaladas no calendario escolar “1 de abril: Día das Artes Galegas”, as cales son de obrigado cumprimento, foi a realización de cadros con legumes. E como non podía ser menos, sairon verdadeiras obras.
Todos uns artistas!
|
|||
Alá polo mes de febreiro comezamos a matinar sobre como montar un horto na escola, ao abeiro do Programa Mestres Gandeiros no que estamos inmersos, e que ao mesmo tempo, gardase relación co PDI sobre Galicia. Pois ben, pouco a pouco vai collendo forma.
Comprobade como vamos avanzando, nas tarefas de sementar, transplantar, regar, manter o composteiro…, para elo toca na regadeira que a continuación se presenta e verás un montón de imaxes. |
|||
|
|||
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »