OBRADOIRO DE SAN ANDRESIÑOS

Os rapaces e rapazas do terceiro ciclo de Educación Primaria, seguindo a temática do PDI "Galicia", crearon e elaboraron os seus propios San Andresiños (amuletos da boa sorte de San Andrés de Teixido), con arxila. Informáronse  previamente sobre a historia e significado dos mesmos e unha vez feitos,  vendéronse na feira anual que fai o centro , a denominada "Feira da Alegría" para obter fondos para  algunha asociación, neste caso "Aúpa Deza".

Preme na imaxe para ver o resto de imaxes do obradoiro.

 76620750-88f4-4b59-8ced-11e654198dd9.jpeg