OBRADOIRO DE CERÁMICA PARA OS NEN@S DE EDUCACIÓN INFANTIL

O alumnado de Educación Infantil, tivo a oportunidade de participar nun obradoiro de cerámica impartido por Mar Barral, coñecendo deste xeito o oficio de alfareir@ e no que cada un deles tivo a oportunidade de crear a súa propia peza, dando resposta deste xeito a terminoloxía STEAM, no que se inclúe a arte, e polo tanto a fabricación de obxectos elaborados con arxila, moi empregada por estes artesáns galegos.