MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

Ao longo do mes de Novembro,  celebrouse o mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Aproveitando que o PDI do centro este ano ten como temática central a Galicia, para conmemoralo organizáronse unha serie de obradoiros científicos, relacionados con algún dos campos da ciencia, no que destacaron mulleres galegas como Antonia Ferrín en astronomía, Ángeles Alvariño como científica, Aurora Grandal como paleoantropóloga ou Clotilde Fernández como fundadora dunha Compañía Electrica.

Estas actividades fomentan a curiosidade científica entre o noso alumnado, promovendo a aprendizaxe a través da experimentación e a exploración,.Leváronse a cabo catro experimentos:

1. "Fabricando planetas"

2. "A conductividade da auga salgada"

3. "Fósiles fantásticos"

4. "Circuíto eléctrico con plastilina conductora"