Skip to Content

 

                           

Aulas activas

Plan Director

Os alumnos de 5º e 6º de Ed. Primaria recibiron unha charla informativa sobre os riscos de usar as novas tecnoloxías e novas adiccións relacionadas coas mesmas, impartida por un axente das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. 

Plan Director

SEPRONA: Os incendios forestais e as súas consecuencias

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria disfrutou dunha Xornada de concienciación cun membro do SEPRONA sobre os incendios forestais e as súas consecuencias. Moitas grazas pola formación!

 

SEPRONA: Os incendios forestais e as súas consecuencias

Proxecto Circo 6º Educación Infantil

Os nenos de 5 anos comezamos o derradeiro trimestre do último curso de educación infantil cun novo proxecto sobre o circo. Estamos moi ilusionados con esta nova aventura e con desfrutar ao máximo destes meses finais.

O monstro das cores deixounos algunha cousiña para comezar esta nova andanza.

Ademais, xa nos están chegando algunhas marabillas que nos van aportando as nosas familias e que nos axudarán a aprender moitas cousas neste final de curso.

Moitas grazas a todas elas.

Día da Saúde

Esta semana celebramos o Día da Saúde;  a alumnado de 3º de Ed. Primaria elaborou un mural na súa aula sobre diferentes hábitos saudábeis e a nivel centro facendo unha carreira no patio colaborando con #unoentrecienmil.

 

Álbum: CURSO 2023/24 -> Día Saúde

Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

A día de hoxe aínda existe un gran descoñecemento sobre o autismo.  Por exemplo, sabías que non existen dúas personas autistas iguais? ou que non hai rasgo físico visíbel que sexa identificativo de que unha persoa é autista?  A falta de información, os mitos e as imaxes estereotipadas que vemos en series ou películas non axudan a entender o autismo e as súas características, pero trátase dunha realidade moi presente na sociedade que debemos coñecer, comprender e apoiar. 

 

O día 2 de abril celebramos o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.  Nós aportamos o infinito colectivo á campaña. #AutismoCercaDeTi  #DíaMundialAutismo

Picando nesta ligazón podedes atopar información para axudar a levar esta mensaxe máis lonxe. 
Álbum: CURSO 2023/24 -> TEA

Día Internacional dos Bosques e da Auga

O pasado 22 de marzo celebramos o Día dos bosques e da auga.  Os nenos e nenas de 2º e 3º fixeron estes traballiños para conmemorar este día. 

Álbum: CURSO 2023/24 -> Día Internacional dos Bosques e da Auga

Día Mundial do Síndrome de Down

Onte, 21 de marzo foi o Día Mundial do Síndrome de Down.  Esta conmemoración ten o seu significado simbólico: o terceiro mes do ano representa a trisomía do cromosoma 21, característica xenética deste síndrome. 

Nos últimos anos, a esta xornada engadiuse un importante símbolo.  Trátase de vestir un par de calcetíns desparellados, xa que teñen unha forma parecida aos cromosomas, para mostrar que NÓS TAMÉN aceptamos a diferenza sen ningún prexuízo.  

 

Álbum: CURSO 2023/24 -> S. Down

Visita á cociña

A clase de 5º de Ed. Infantil visitou onte a nosa cociña e axudaron a preparar o postre especial que tivemos esta semana "Torrijas", estaban boísimas! 

Seguro que voltamos noutra ocasión. 

Álbum: CURSO 2023/24 -> PEQUENOS CHEFS

Día da Felicidade

O Día 20 de marzo celebrouse o Día da felicidade.  Cada grupo aportou dúas palabras que lles transmitiran felicidade e fixemos un pequeno mural, velaquí o tedes! 

Día da Felicidade

Proxecto Universo 6º Educación Infantil

Os nenos de 5 anos chegamos ao remate do noso proxecto sobre o universo.

Nas últimas misións estivemos vendo outras curiosidades sobre o espazo (naves espaciais, astronautas, marcianos, ovnis, meteoritos, a NASA ...).

Para conseguir que Valentina voltara a súa casa tivemos que facer un scape room final e así conseguiriamos a última peza do mapa.

Se clicades no seguinte álbum poderedes ver un breve resumo dalgunhas actividades.

Álbum: CURSO 2023/24 -> Fin proxecto universo 6º EI
Distribuir contido


by Dr. Radut