Skip to Content

 

                           

Aulas activas

Saída E. Infantil

O alumnado de Ed. Infantil fixeron unha saída ao bosque máxico, non fai falla dicir moito máis vendo estas fotos tan chulas! 

Álbum: CURSO 2023/24 -> Saída E. Infantil

Dinosauros

Os nenos e nenas de 5º de Ed. Infantil seguen a investigar sobre os dinosauros, desta volta tocou ver as súas pegadas

Álbum: CURSO 2023/24 -> Dinosaurios 2

A galiña de Mos vai á escola!

Que ilusión! Ao longo deste mes de maio fomos vendo día a día como foi o proceso para que naceran os nosos pitiños.  Todo isto foi posíbel grazas a Asociación de Avicultores da raza Galiña de Mos (AVIMOS), en colaboración coa Deputación de Lugo. 

Álbum: CURSO 2023/24 -> Pitiños

Polos creativos

O proxecto de Polos Creativos é un proxecto innovador, do que somos partícipes, favorecedor da motivación e creatividade a través da interacción das tecnoloxías.  A continuación podedes ver algunha das actividades realizadas...

Álbum: CURSO 2023/24 -> Polos creativos

Proxecto Circo 6º Educación Infantil

Os nenos de cinco anos continuamos inmersos no noso proxecto sobre o circo.

Estivemos traballando diversos aspectos do circo mediante a robótica, co noso escornabot e mais coa nosa ruleta.

Encántannos estes xogos.

                                                                              

                                                

                     

Ademais descubrimos que o pintor Joan Miró tamén pintou cadros sobre o circo, os cales quixemos reproducir nós mesmos.

                                           

Estamos feitos uns artistas.

Día da familia Educación Infantil

O alumnado de Educación Infantil celebramos o día da familia a partir do conto "El hilo invisible" de Miriam Tirado.

Un conto que fala sobre os vínculos que nos unen.

Se picades no álbum podedes ver unha mostra das actividades realizadas.

Feliz día familias!

Álbum: CURSO 2023/24 -> Día da familia

Xogos de mesa 6º Educación Infantil

 Estes últimos meses os nenos de 5 anos estivemos descubrindo os xogos de mesa.

Xa somos uns auténticos expertos e ademais de aprender moito e desenvolver moitas destrezas divertímonos un montón.

Podedes ver unha pequena mostra no seguinte álbum. 

Álbum: CURSO 2023/24 -> Xogos de mesa 6º Educación Infantill

Letras Galegas

No día de hoxe celebramos o Día das Letras Galegas, este ano adicado á autora Luísa Villalta.  Aprendemos un montón de cousas sobre ela, visualizamos a súa biografía con unha canción que nos gustou moito! 

Para facer este día aínda máis especial, os nenos e nenas de 5º e 6º de Ed. Primaria crearon xogos tradicionais que desfrutaron os máis pequenos do cole, pasárono en grande! 

Álbum: CURSO 2023/24 -> Letras Galegas

Os maios

Este ano, aproveitando o bo tempo, saímos todos a celebrar os Maios. 

Coa colaboración de todas as familias puidemos crear os nosos Maios usando diferentes flores e prantas da nosa contorna.  

Álbum: CURSO 2023/24 -> Os maios

Novidades

Estos días a biblioteca estase actualzando con diversos títulos que agardamos vos gusten moito, velaquí tedes algún deles! 

Novidades
Distribuir contido


by Dr. Radut