Skip to Content

 

                           

Aulas activas

Día do amor e da amizade

O pasado 14 de febreiro o alumnado de 2º de Primaria celebrou o Día do amor e da amizade facendo materiais para decorar a súa aula.  

Álbum: CURSO 2023/24 -> DÍA DO AMOR E DA AMIZADE

Proxecto Universo 6º Educación Infantil

Os nenos de 5 anos continuamos investigando sobre o universo.

Desta volta queremos amosarvos o que estivemos aprendendo sobre as estrelas e as constelacións.

Observamos os debuxos que forman as estrelas no ceo e descubrimos a nosa constelación. Ademais creamos o noso propio telescopio para poder velas e coñecemos mais de cerca a nosa gran estrela, o sol. Mediante un experimento vimos como desprende a súa enerxía e como nos aporta luz e calor. 

 Cada día estamos mais preto de levar a Valentina de volta a súa casa e convertérnos en grandes astrónomos. 

Proxecto "O Universo" 6º Educación Infantil

Os nenos de cinco anos estamos inmersos no proxecto sobre o universo e neste mes de xaneiro xa superamos as dúas primeiras misións para conseguir que Valentina regrese a súa casa (o planeta Terra).

Na primeira misión tiñamos que lograr descubrir cal foi a orixe do universo e que mellor forma de facelo que mediante un experimento. Soamente necesitamos un globo, plastilina e un punzón. Así entenderiamos como se creou o universo. Mirade!!!

   

E na segunda misión tocábanos descubrir que son as galaxias. Logramos entendelo a través dunha actividade moi divertida. Necesitabamos algodón, colorante, auga e moitas estreliñas. Observade que chulas nos quedaron.

 

Agora daremos paso a terceira misión. Que descubriremos desta volta?

Moi pronto o mostraremos.

Proxecto Universo 6º Educación Infantil

Os nenos de 5 anos despois de voltar das vacacións de Nadal comezamos novo proxecto sobre o universo. Estamos moi ilusionados con esta nova aventura e para dar por iniciado o proxecto o monstro das cores deixounos algunha cousiña para esta nova andanza.

 

Teremos que lograr que a amiga do monstro das cores (a astronauta Valentina) volva a súa casa superando unha serie de misións e conseguindo así a reconstrución do seu mapa. Seremos capaces?

Irémosvos informando dos nosos descubrimentos.

Nadal 6º Educación Infantil

Benvid@s ao Nadal da aula de 5 anos. 

Estes días gozamos un montón das actividades relacionadas con esta temática (letras, números, arte, música, contos e ata unha xincana).

Deixamos unha pequena mostra neste collage.

BO NADAL

 

As clases comezarán o 8 de xaneiro

VISITA DE PAPÁ NOEL

Hoxe veu de visita dende moi lonxe... Papá Noel! Canta ilusión!

 

DECORACIÓN NADAL

Cada familia decorou a súa bolsa de Nadal e  así de bonitas decoran a entrada do noso cole!! 

Moitas grazas a todos pola colaboración!

Álbum: CURSO 2023/24 -> DECORACIÓN NADAL

Lectoescritura 6º Educación Infantil

Os nenos de 5 anos queremos mostrarvos como estamos traballando este curso na nosa aula a lectoescritura a través dos nosos xogos. Deixámosvos unha pequena mostra no seguinte álbum. 

Álbum: AULAS ACTIVAS -> Lectoescritura 6º Educación Infantil

Lóxico- matemática 6º Educación Infantil

Os nenos de 5 anos queremos mostrarvos como estamos traballando este curso na nosa aula a lóxico- matemática a través dos nosos xogos. Deixámosvos unha pequena mostra no seguinte álbum.

Álbum: AULAS ACTIVAS -> Lóxico- matemática 6º Educación Infantil
Distribuir contido


by Dr. Radut