Skip to Content

 

                           

Curso 2023/24

Obradoiro de radio

Os alumnos de 5º e 6º de Ed. Primaria tiveron dúas sesións de obradoiro de radio, organizadas pola Asociación AGARESO coa temática de discapacidade. 

Como sempre, canto aprendemos!

Álbum: CURSO 2023/24 -> Obradoiro de radio

A viaxe de Rosalía

A pasada semana desfrutamos da obra teatral "A viaxe de Rosalía" organizada pola ANPA .

Álbum: CURSO 2023/24 -> A viaxe de Rosalía

Semana do libro

Celebramos a Semana do Libro con unha amplia variedade de actividades: fixemos un mural conxunto onde cada un elaborou o seu conto favorito; desfrutamos de lecturas ao sol; os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria leron aos máis pequenos algúns contos... aquí podedes atopar unha pequena mostra de todo o que fixeron. 

Álbum: CURSO 2023/24 -> Semana do libro

Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

A día de hoxe aínda existe un gran descoñecemento sobre o autismo.  Por exemplo, sabías que non existen dúas personas autistas iguais? ou que non hai rasgo físico visíbel que sexa identificativo de que unha persoa é autista?  A falta de información, os mitos e as imaxes estereotipadas que vemos en series ou películas non axudan a entender o autismo e as súas características, pero trátase dunha realidade moi presente na sociedade que debemos coñecer, comprender e apoiar. 

 

O día 2 de abril celebramos o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.  Nós aportamos o infinito colectivo á campaña. #AutismoCercaDeTi  #DíaMundialAutismo

Picando nesta ligazón podedes atopar información para axudar a levar esta mensaxe máis lonxe. 
Álbum: CURSO 2023/24 -> TEA

Día Internacional dos Bosques e da Auga

O pasado 22 de marzo celebramos o Día dos bosques e da auga.  Os nenos e nenas de 2º e 3º fixeron estes traballiños para conmemorar este día. 

Álbum: CURSO 2023/24 -> Día Internacional dos Bosques e da Auga

Día Mundial do Síndrome de Down

Onte, 21 de marzo foi o Día Mundial do Síndrome de Down.  Esta conmemoración ten o seu significado simbólico: o terceiro mes do ano representa a trisomía do cromosoma 21, característica xenética deste síndrome. 

Nos últimos anos, a esta xornada engadiuse un importante símbolo.  Trátase de vestir un par de calcetíns desparellados, xa que teñen unha forma parecida aos cromosomas, para mostrar que NÓS TAMÉN aceptamos a diferenza sen ningún prexuízo.  

 

Álbum: CURSO 2023/24 -> S. Down

Día da Felicidade

O Día 20 de marzo celebrouse o Día da felicidade.  Cada grupo aportou dúas palabras que lles transmitiran felicidade e fixemos un pequeno mural, velaquí o tedes! 

Día da Felicidade

Semana da prensa

Para celebrar a Semana da Prensa, todos os alumnos do centro fixeron un Xornal mural con noticias creadas por eles mesmos. 

Álbum: CURSO 2023/24 -> Semana da prensa

Xornal dixital

O alumnado de 6º de Ed. Primaria para conmemorar o Día da Muller e a Semana da Prensa, elaborou o seu propio xornal dixital. 

Aquí o podedes consultar!

 

Xornal dixital
Distribuir contido


by Dr. Radut