Skip to Content

 

                           

Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

A día de hoxe aínda existe un gran descoñecemento sobre o autismo.  Por exemplo, sabías que non existen dúas personas autistas iguais? ou que non hai rasgo físico visíbel que sexa identificativo de que unha persoa é autista?  A falta de información, os mitos e as imaxes estereotipadas que vemos en series ou películas non axudan a entender o autismo e as súas características, pero trátase dunha realidade moi presente na sociedade que debemos coñecer, comprender e apoiar. 

 

O día 2 de abril celebramos o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.  Nós aportamos o infinito colectivo á campaña. #AutismoCercaDeTi  #DíaMundialAutismo

Picando nesta ligazón podedes atopar información para axudar a levar esta mensaxe máis lonxe. 
Álbum: CURSO 2023/24 -> TEA


album | by Dr. Radut