Skip to Content

 

                           

Aulas activas

Obradoiro de radio

Os alumnos de 5º e 6º de Ed. Primaria tiveron dúas sesións de obradoiro de radio, organizadas pola Asociación AGARESO coa temática de discapacidade. 

Como sempre, canto aprendemos!

Álbum: CURSO 2023/24 -> Obradoiro de radio

A viaxe de Rosalía

A pasada semana desfrutamos da obra teatral "A viaxe de Rosalía" organizada pola ANPA .

Álbum: CURSO 2023/24 -> A viaxe de Rosalía

Bolboretas

Os nenos e nenas de 5º de Ed. Infantil fixeron estas bolboretas tan bonitas, o que máis lles gustou foi empregar o aerosol con auga!

Álbum: CURSO 2023/24 -> Bolboretas 5º de Ed. Infantil

Proxecto dinosaurios

Este trimestre os nenos e nenas de 5º de Ed. Infantil están a traballar co proxecto dos dinosaurios coa axuda da súa mascota.

Álbum: CURSO 2023/24 -> Dinosaurios

Proxecto Circo 6º Educación Infantil

Os nenos de cinco anos continuamos inmersos no noso proxecto sobre o circo.

Nestes días estivemos descubrindo novos artistas.

Neste álbum podedes ver unha pequena mostra dos equilibristas, dos mimos e dos malabaristas.

Álbum: CURSO 2023/24 -> Artistas do circo II

Proxecto Circo 6º Educación Infantil

Os nenos de cinco anos estamos inmersos no noso proxecto sobre o circo.

Nesta tempada comezamos coñecenzo o lugar onde se actúa e ademais xa estivemos descubrindo aos primeiros artistas.

Neste álbum podedes ver unha pequena mostra do xefe de pista, os pallasos, os forzudos e os magos con algún truquiño que aprendimos.

 

Álbum: CURSO 2023/24 -> Artistas do circo

Semana do libro

Celebramos a Semana do Libro con unha amplia variedade de actividades: fixemos un mural conxunto onde cada un elaborou o seu conto favorito; desfrutamos de lecturas ao sol; os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria leron aos máis pequenos algúns contos... aquí podedes atopar unha pequena mostra de todo o que fixeron. 

Álbum: CURSO 2023/24 -> Semana do libro

Plan Director

O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria recibiu unha charla informativa, nesta ocasión relacionada coa ciberseguridade e acoso escolar. 

Plan Director

Plan Director

Os alumnos de 5º e 6º de Ed. Primaria recibiron unha charla informativa sobre os riscos de usar as novas tecnoloxías e novas adiccións relacionadas coas mesmas, impartida por un axente das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. 

Plan Director

SEPRONA: Os incendios forestais e as súas consecuencias

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria disfrutou dunha Xornada de concienciación cun membro do SEPRONA sobre os incendios forestais e as súas consecuencias. Moitas grazas pola formación!

 

SEPRONA: Os incendios forestais e as súas consecuencias
Distribuir contido


by Dr. Radut